
A actual concelleira e responsable da granxa A Cernada sustitúe ao histórico Horacio Rouco
04 feb 2023 . Actualizado a las 18:16 h.Ana Corredoira é a candidata do PSOE á Alcaldía de Palas de Rei. A militancia do municipio acordou nunha asemblea convocada pola Executiva Local que a gandeira e bióloga, dedicada á produción de leite ecolóxico á fronte da granxa A Cernada, lidere o proxecto do PSdeG neste concello de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.
O secretario xeral do Partido Socialista na provincia, José Tomé Roca, participou neste encontro da militancia de Palas, xunto coa secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, e o secretario seral da Agrupación Local e voceiro municipal socialista, Horacio Rouco, que deixará de ir como cabeza de lista en Palas tras catro mandatos consecutivos.
José Tomé Roca subliñou que «a súa formación, traxectoria e proxección» fan de Ana Corredoira «unha candidata con capacidade gañadora para darlle a Palas de Rei o impulso que precisa». Tomé Roca destacou a «defensa e o compromiso co rural que vén demostrando dende hai moito tempo» a candidata, «aportando valor a un sector fundamental para Palas, A Ulloa e o conxunto da nosa provincia e o país como é a produción ecolóxica, na que ela mesma é hoxe un referente».
En palabras do secretario xeral dos socialistas na provincia, «persoas como Ana Corredoira representan o mellor das nosas tradicións agrogandeiras, e a nosa capacidade para apostar polo futuro, pola innovación e por seguir as grandes liñas de traballo que marca a UE. Persoas como Ana traballan día a día, volcándose para impulsar un sector dende o respecto ó coidado do medio ambiente e ao benestar animal».
O líder dos socialistas puxo en valor «o paso adiante de Ana Corredoira e a capacidade do PSdeG para captar talento». Así mesmo, agradeceu «a dedicación e gran traballo que fixo Horacio Rouco en favor de Palas de Rei e para o dinamismo e crecemento do Partido Socialista». Para José Tomé, o relevo representa «a capacidade dos socialistas para renovar as nosas propostas mantendo o núcleo da nosa identidade de defensa dos servizos públicos, as políticas sociais e o compromiso co rural».
Ana Corredoira ten 33 anos de idade. Como ela mesma se define, é bióloga de formación e gandeira de profesión e vocación, dedicándose a produción de leite ecolóxico. Medrou en Palas e sempre estivo vinculada ao rural e ao sector primario, implicándose activamente na defensa deste territorio, das súas posibilidades e da construción do seu futuro.
Unha vez elixida no seo da asemblea da militancia, Ana Corredoira presentará nas vindeiras datas a súa candidatura aos veciños e veciñas de Palas de Rei, nun acto ó que acudirá o Secretario Xeral do Partido Socialista na provincia, José Tomé Roca.

Ana Corredoira, ganadera de Palas: «Hai un modelo de produción que pode resistir a crise de Ucraína e a folga do transporte»
El sector ganadero, especialmente el lácteo, viene de unos meses duros y en las últimas dos semanas se sumó la invasión en Ucrania, que ponía en peligro el abastecimiento del pienso, y ahora la huelga de transporte, que paraliza la recogida de leche. Sin embargo, desde las explotaciones ganaderas quieren destacar que hay un modelo de producción que puede resistir a estas crisis. Lo explica Ana Corredoira, de la granja ecológica A Cernada, que sorteó el desabastecimiento de Ucrania y resistió los primeros días del parón de transporte.
En la aldea A Cernada, en Palas de Rei, Ana cuenta con un rebaño de 100 vacas, de las cuales 55 actualmente están produciendo leche Sen Máis y que se emplea para otros derivados lácteos. De media, fabrica unos 1.000 o 1.100 litros al día, en ecológico. Su modelo de producción está en camino de ser autosuficiente, que es una característica base del modelo de ganadería que podría sortear esta situación. La invasión a Ucrania y los problemas de abastecimiento de pienso no le afectaron. «Compramos o cereal para o pienso a productores de proximidade, en Castela e León, polo que non temos dependencia de concentrados estranxeiros», cuenta. Corredoira destaca que se debe potenciar el «sector tractor» que es España. «É unha das principais potencias en producción de alimento para o gando e aínda así temos unha dependencia enorme do exterior. A crise actual pode volver a pasar», argumenta Corredoira. Además, trabaja en extensivo, lo que le da más resistencia en cuanto a los problemas de la alimentación que a los modelos en intensivo.