O Concello de Palas contratará en xuño a 34 persoas no paro para axudar a saír da crise

la voz LUGO

PALAS DE REI

Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada
Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada

Será reforzo dos servizos sociais no municipio, a obras de rexeneración de infraestructuras e a labores medioambientais.

17 abr 2020 . Actualizado a las 13:28 h.

O Concello de Palas de Rei acaba de anunciar que dedicará máis de 245.000 euros en diferentes plans para a contratación de 34 traballadores para axudar a paliar a incidencia negativa do Covid19 no municipio. «Con esta medida intentaremos, dentro das nosas posibilidades, contribuír a paliar un pouco os efectos económicos desastrosos da pandemia na economía municipal», afirma o rexedor palense, Pablo Taboada.

Neste plan terán preferencia aquelas persoas afectadas, directa ou indirectamente, por casos de coronavirus, desempregados de longa duración e mulleres. A actividade deste persoal será variada, pero irá vinculada, fundamentalmente, ao reforzo dos servizos sociais no municipio, a obras de rexeneración de infraestructuras e a labores medioambientais. O Concello iniciará os trámites administrativos de contratación das diferentes ofertas de emprego, para que os traballadores poidan comenzar a súa actividade durante o vindeiro mes de xuño. Para tal fin habilitaranse diferentes partidas orzamentarias; de fondos propios do Concello de Palas de Rei, do Plan Único da Deputación e de diferentes axudas da Xunta de Galicia, «ó fin, de minorar o impacto devastador que o Covid 19 está xerando no emprego». O alcalde, Pablo Taboada, non descarta arbitrar fórmulas de colaboración público-privadas, para que as empresas do Concello poidan contratar persoal en condicións máis favorables.