Unha promotora construirá un edificio en pleno centro de Palas

La Voz

PALAS DE REI

Derrubarase un edificio que fai esquina entre Agro do Rolo e a avenida de Lugo e haberá unha reordenación de toda esta zona de Palas

31 oct 2019 . Actualizado a las 12:54 h.

Unha promotora proxecta a contrución dun edificio de vivendas en pleno núcleo urbano de Palas de Rei. O futuro inmoble, ubicado na intersección da N-547 co vial que vai a Monterroso e a saída da A-54, en pleno centro neurálxico da vila palense, dará lugar a unha nova reordenación das alineacións do Agro do Rolo, como da avenida de Lugo. Con esta nova edificación, que constará de sótano, baixo comercial e vivendas nas tres plantas altas significará unha inversión de máis dun millón de euros en pleno casco urbano. A edificación desta nova obra, a reordenación de volumes e as alineacións tanto da rúa Agro do Rolo, como da avenida de Lugo suporán un incremento da superficie peonil, así como, se estima que, mellorarán o tráfico de vehículos, principalmente, de cara ós accesos á carretera Palas- Friol (LU-231) e a carretera Palas- San Xorxe (LU-P-2901), así como, ao enlace de saída e entrada da A-54.

O Concello de Palas, unha vez, rematado o estudio de alineación e en colaboración coa Deputación (titular da vía) procederá a elaborar un proxecto de actuación na zona conocida como Agro do Rolo, onde se procederá a unha reordenación do tráfico e a dotación de novos servizos.