Música e literatura darán vida á Polafía de Albá

PALAS DE REI

ALBERTO LÓPEZ

A festa terá lugar este sábado

25 sep 2018 . Actualizado a las 09:58 h.

Sábado 29 • A partir das 18.00 horas • Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá (Palas de Rei) • Entrada libre • 

Albá celebrará este sábado unha Polafía (literatura e música) con «Memorias (con historias) da Ulloa», organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). 

Intervirán Fernando García Penas, Afonso García Penas, Xusto García Castro, María José Gómez Alvite, Carlos Vázquez García, Toño Núñez e Lois Pérez.

Tamén haberá música, coa recreación do Antroido e homenaxe a Ramiro Villamor, «O gaiteiro de Santo Xusto», con J. Manuel Miguélez, Eusebio Varela, Roberto Balboa, Carlos e Jaime Villamor.