Compra colectiva de terreos para salvar o entorno do castro de Remonde, en Palas

suso varela lugo / la voz

PALAS DE REI

FACEBOOK

28 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis dun cento de persoas acudiron este sábado á primeira xornada de murallas abertas no castro de Remonde, moi preto do castelo de Pambre, en Palas de Rei. Estaban convocados polo colectivo Eira da Xoana co fin de participar nun roteiro e tamén para dar a coñecer unha iniciativa singular para defender o patrimonio histórico e natural desta zona da Ulloa.

Baixo o epígrafe de «Compre terra» pretenden salvar un espazo natural das futuras agresións, unha zona especialmente frondosa de vexetación autóctona. «A nosa proposta non é máis que unha resposta colectiva á impotencia que durante tanto tempo nos ten indignados e aportar unha miga, xunto a miles de pequenos propietarios», sinalan no manifesto de presentación da iniciativa social.

Así, e a través dun colectivo con anos de experiencia como é Adega, ofrecerán unha serie de prezos para poder ir conseguindo os terreos. Os cartos que recollan utilizaranse, sinalan, para o pagamento das parcelas e os gastos de transacción e xestións. Os terreos non serán só do entorno do castro senón do alto Ulla. Neste momentos, sinalan, xa teñen uns 20 ferrados.

iniciativa social patrimonio histórico e natural no alto ulla