Un emotivo acto despediu a Saleta Goi, compañeira de vida de Manuel María

LA VOZ LUGO

OUTEIRO DE REI

A lucense foi unha figura da defensa da cultura e a lingua galega. Foi enterrada do cemiterio de San Xoán de Outeiro de Rei

13 sep 2022 . Actualizado a las 11:37 h.

Saleta Goi xa descansa xunto ao que foi o seu compañeiro de vida durante 45 anos, o escritor Manuel María. A muller do poeta faleceu o sábado aos 90 anos e este luns foi despedida dun acto civil. Celebrouse na Casa-Museo de Manuel María e posteriormente foi enterrada no cemiterio de San Xoán de Outeiro de Rei, onde están os restos do escritor dende que faleceu no 2004.

Familiares, amigos e personalidades da cultura o a política gallega acudiron ata Outeiro de Rei para honrar a Saleta Goi. O acto tivo lugar na casa que creou e fundou a lucense hai case 20 anos e pola que traballou para preservar a obra do poeta cheirego. Despois do falecemento de Manuel María, Goi creou a Fundación Manuel María de Estudos Galegos e adquiriu a vivenda natal do escritor para reconvertila nun museo. Non só creaou un espazo para acoller  a súa obra literaria senón que foi un punto de «batalla contra o esquecemento ou de loita por rescatar aquilo que lle sigue sendo útil e funcional á sociedade galega», como destacou o secretario da Fundación.

Máis alá da súa unión a Manuel María, Goi foi unha figura activa na defensa da cultura e da lingua galega. Así o demostrou durante os anos que rexentou en Monforte a libraría Xistal, que dinamizou a cultura desde 1970, enfrontándose á represión dos últimos anos de ditadura. A súa loita foi recordada no emotivo acto celebrado este luns.

Asistiron personalidades como a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o diputado deste partido no Congreso, Néstor Rego, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García,ou también figuras locales como o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, ademáis dos miembros da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Decenas de personas acudiron ao acto civil e acompañaron ao ataúde de Saleta Goi ata o cemiterio de San Xoán de Outeiro de Rei.