Outeiro de Rei oferta máis de trinta actividades de lecer

Laura López LUGO / LA VOZ

OUTEIRO DE REI

Presentación das actividades
Presentación das actividades CEDIDA

O Concello presentou un programa con alternativas culturais e deportivas para todas as idades

23 oct 2021 . Actualizado a las 20:32 h.

O Concello de Outeiro de Rei presentou o programa de actividades para a tempada 2021-2022, con máis de trinta alternativas de lecer, culturais e deportivas.

Lecer e cultura

· Danza moderna. 12 novembro-9 maio, venres, 16.30-17.30h. Centro cultural Outeiro. 20 €. 1º-6º primaria

· Obradoiros para nenos (arxila, fofuchas, las...). 9 novembro-10 maio. Curso I: martes 15.00-16.00h. (3º-6º primaria). Curso II: xoves 15.00-16.00h. 6º infantil-2º primaria). Aula do colexio. 20 €

· Escola de maxia (con David Méndez). 23, 27 e 29 decembro e 3 xaneiro, 11.00-12.00h. Gala final 8 de xaneiro, 18.00h. Centro cultural, 10€. 1º-6º primaria

· Robótica (dous cursos). 3 febreiro-31 de marzo; xoves, 15.00-16.00h; xoves, 16.10-17.10h. Centro cultural. 20€. 3º-6º primaria

· Costura básica e creativa. 28 decembro-22 febreiro, martes 16.30-18.00h. Centro cultural. 20 €

· Viaxe a Baiona (festa da Arribada). Sábado 5 de marzo, 8.30-21.00h. Saída da Praza do Concello. Bus de balde.

· Manualidades (adultos). 3 marzo-26 maio. Xoves 16.30-18.30h. Escola de Matela. 20€

· Restauración de mobles (dous cursos). 21 marzo-26 abril. Luns ou martes, 17.00-20.00h. El Desván de Mamen (Silvarrei). 20€

· Viaxe O Fuciño do Porco, Poza da Ferida e Viveiro. Un sábado de abril, 9.30-20.00h. Saída da Praza do Concello. Bus gratuíto

· Baile de salón. Iniciación: 7 xaneiro-25 marzo; perfecionamento: 1 abril-24 xuño. Sábado, 19.30-21.00h. Centro cultural. Maiores de 12 anos. 30€

Promoción da muller

· Formación en novas tecnoloxías (III) on-line. 10 novembro-16 decembro. Mércores e xoves, 20.00-21.30/22.00h. 15€

· 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Charla «Prevención da violencia de xénero e da discriminación contra a muller». Xoves, 17.00h. Salón de actos Casa da Cultura

Oficina información xuvenil

· Escola de Música (Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol). Setembro-maio. Centros culturais de Outeiro e Robra, centro social de Rábade. Frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, tuba, bombardino, violoncello, percusión, violín, guitarra, baixo eléctrico, contrabaixo, piano complementario, gaita, pandeireta, percusión, canto tradicional, coro de voces brancas, coro de adultos e linguaxe musical.

· Ximnasia rítmica. 19 outubro-maio. Mércores, 15.00-17.00h. Pavillón municipal. Máis de 5 anos. 30 €

· Inglés preparación para o B1. 6 novembro-maio. Sábados, 10.30-12.30h. Centro cultural de Robra. A partir de segundo da ESO. 50 €

· Obradoiro de coiro. 7 xaneiro-11 marzo. Venres 16.30-18.00h. Centro cultural de Robra. Máis de 12 anos. 20€

· Padel. Xaneiro-marzo. Luns e venres, 17.00-18.00h, iniciación. Luns e venres, 18.00-19.00h, perfeccionamento. Centro Deportivo D10 (Mosteiro). 30 ou 50€

Actividades deportivas

· Fúbol sala. 14 outubro-maio Pavillón municipal. 50€

· Fúbol sala biberón. 12 novembro-maio. Venres, 16.00-17.00h. Pavillón municipal. 20€

· Baloncesto. Novembro-maio. Martes, xoves, 18.00h. Pavillón municipal. Máis de 7 anos. 30€

· Ioga. 10 novembro-16 maio. Luns, mércores, 20.00-20.50h. Pavillón municipal. 60€

· Pilates (2 cursos). 11 novembro-19 de maio. Martes, xoves, 19.00-19.50, 20.00-20.50h. Pavillón. 60€

· Tiro con arco (2 cursos). 12 novembro-13 maio. Venres, 18.30-19.30h; 19.30-20.30h. Pavillón do colexio. Máis de 7 anos. 30 ou 40€

· Tenis (3 cursos). 10 novembro-18 maio. Mércores, 16.30, 17.30 ou 18.30h. Club Campo e Tiro de Bonxe. Máis de 7 anos. 40 ou 50 €

·Patinaxe (2 cursos). 12 novembro-20 maio, venres, 17.00 e 18.00. Pavillón municipal. Máis de 3 anos. 30€

· Ximnasia na auga. Febreiro-abril. Sábados, 10.00h. D10 Mosteiro. 90€

· Natación. Novembro-xaneiro. Xoves, 11.00h. D10 Mosteiro. 90€

· BTT (2 cursos). Novembro-maio. Luns iniciación, xoves perfeccionamento, 18.30-20.00h. Pavillón do colexio 25€ + 10€/mes. A maiores, rutas para nivel avanzado.

· Tenis mesa. Novembro-maio, luns 16.00-17.00h. Pavillón municipal. Máis de 7 anos. 30€

· Natación infantil. 1 novembro-xaneiro ou 2 febreiro-abril. Venres, 16.30-17.15h. D10. Máis de 4 anos. 60€

· Escola de motociclismo. Sábado ou domingo, 10.00-14.00h. Circuíto Outeiro de Rei. Matrícula gratuíta, e desconto do 60% da cota mensual para os rapaces de entre 6 e 10 anos, e do 40% para os de 11 a 15

· Curso de condución motociclismo para maiores. Tres horas no Circuíto Outeiro de Rei. 20€.

· Adestramentos libres. Kart/moto en circuíto. Sábado ou domingo de todas as semanas. Circuíto de Outeiro. Gratis.

· Rutas de sendeirismo e BTT: Ruta Camiño do Miño, Ruta Arqueolóxica de O Acevedo, Ruta Insua de Seivane, Ruta Insua do Miño, Ruta Miradoiro da Terra Chá e Ruta BTT (Outeiro?Castro)