Outeiro de Rei aposta polas novas tecnoloxías no ocio para as mulleres

Laura López LUGO / LA VOZ

OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei constituíu hai dous anos e medio unha Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero
O Concello de Outeiro de Rei constituíu hai dous anos e medio unha Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero cedida

O Concello abre mañá o prazo de inscrición nos cursos deste ano

06 abr 2021 . Actualizado a las 08:59 h.

O Concello de Outeiro de Rei aposta polas novas tecnoloxías na nova programación de actividades de promoción da muller, nas que se abre hoxe o prazo de inscrición. O programa contempla sete propostas e a maior parte delas «desenvolveranse a través de Internet, ofrecendo contidos que permitirán desenvolver e mellorar habilidades dixitais e navegar con seguridade pola Internet amosando como realizar actividades cotiás por medio do uso das novas tecnoloxías», explican.

O prazo de inscrición abre hoxe nas seguintes actividades:

· Formación en novas tecnoloxías (I) On-line. Do 21 de abril ao 20 de maio, mércores e xoves, 20.00 horas. 30 prazas.Os contidos son: Banca electrónica (4 h); Sinatura electrónica (3 h); Declaración da renda (3 h); Comercio electrónico (4 h); e Ciberseguridade (4 h).

 

· Competencias dixitais para a busca de emprego. On-line. Do 8 de maio ao 5 de xuño, sábados de 10.00 a 14.00. Gratuíto. 30 participantes. Está deseñado para que as persoas interesadas poidan coñecer os recursos dispoñibles na Internet que lles axudarán a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral a través dunha busca de emprego máis eficaz. Entre os contidos que se verán están: competencias dixitais máis demandadas no mercado; portais e redes para a busca de emprego; Google Suite…

 

· Actividade física ao aire libre. Do 15 de xuño ao 30 de setembro, martes e xoves, de 17.00 a 18.00. Proposta lúdica e de saúde, que se desenvolverá no Campo de Santa Isabel (cando o tempo non acompañe, trasladarase á pista polideportiva do CEIP Laverde Ruíz). Ximnasia de mantemento ou relaxación son algunhas das opcións que atoparán as participantes nesta actividade.

 

· Formación en novas tecnoloxías (II) On-line. Do 30 de setembro ao 28 de outubro, mércores e xoves, 20.00 horas. Os contidos son os seguintes: citas médicas e en organismos oficiais (2 h); seguridade en Internet e no móbil (4 h); aplicacións para móbiles (4 h); videochamadas (Zoom, Skipe…) (4 h); e sacar proveito á tablet (4 h).

 

O programa completarase coas seguintes actividades:

· Produtos de limpeza ecolóxicos. On-line. Do 18 ao 25 de outubro, luns de 17.00 a 19.00 horas.

 

 

· Formación en novas tecnoloxías (III) On-line. Do 10 de novembro ao 16 de decembro, mércores e xoves, ás 20.00. Cos seguintes contidos: dixitalización de documentos (2 h); retoque de imaxes (fotográficas ou dixitalizadas (6 h); apps que fan a vida máis doada (Bizum, Evernote, Google Keep e códigos QR) (4 h); e ciberseguridade (4 h)

 

· 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, coa charla «Prevención da violencia de xénero e da discriminación contra a muller». Ás 17.00 na Casa da Cultura.

 

Nos cursos de novas tecnoloxías, as persoas interesadas poderán realizar a totalidade da formación proposta para cada un deles ou seleccionar as actividades que lles interesen. As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes. Terán preferencia as persoas empadroadas no municipio. Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura ou no teléfono 982 393 408.