Os cantos e contos de Pablo Díaz chegan a Outeiro de Rei

Laura López LUGO / LA VOZ

OUTEIRO DE REI

Pablo Díaz ofrecerá un espectáculo para cativos de 0 a 3 anos
Pablo Díaz ofrecerá un espectáculo para cativos de 0 a 3 anos IRIA LIS

Ofrecerá un espectáculo para cativos de 0 a 3 anos este sábado na Casa-Museo Manuel María

14 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 17 • 18.00 horas • Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei) • De balde. Reserva: contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou 698 177 621 (WhatsApp) • 

O músico galego Pablo Díaz fará este sábado, en Outeiro de Rei, unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas a cativos de 0 a 3 anos. Usará frautas, guitarra, harmónica e interpretará algún dos seus temas máis populares. Será unha sesión relaxada buscando que a fantasía e a ilusión sexan protagonistas, e que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.

Pablo Díaz debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC (ed. Kalandraka) no 2009. O último, Coas miñas mans (ed. Galaxia), publicouse no 2018. Como contacontos infantil leva feitas centos de sesións desde o 2005.