Todo listo para a feira de artesanía de Outeiro de Rei

OUTEIRO DE REI

ALBERTO LÓPEZ

O sábado 6 de xullo haberá un cento de expositores, mostra de oficios tradicionais, paseos en kaiak, música e regalos

19 jun 2019 . Actualizado a las 08:43 h.

O Concello de Outeiro de Rei ten todo listo para unha das grandes citas do verán, a XIII Feira de Artesanía, que se celebrará o sábado 6 de xullo. A presentación do programa de actos tivo lugar onte no Concello. O alcalde, José Pardo, explicou que participarán un centro de expositores, unha vintena deles de alimentación e o resto de artesanía.

Tamén destacou que, por primeira vez, se celebra un campionato de escultores de motoserra, e paseos en kaiak polo Miño. Ademais, sinalou que a residencia canina Garatuxa instalará un punto de adopción de cans. «Hai unha problemática coa recollida de cans ao longo de todo o ano. Con esta iniciativa queremos fomentar a acdopción, e quen adopte nesta feira recibirá algún tipo de axuda por parte do Concello», aclarou.

· 10.30h. V Carreira Solidaria do Concello de Outeiro de Rei. Saída da Praza do Concello

· 12.00h. Inauguración da feira e pasarrúa. Rúas do centro urbano. Rúa Manuel María

· 12.00h. Obradoiros infantís e interxeracionais. Campo de Santa Isabel. Rúas do centro urbano

· 12.00h. I Campionato de Escultores con Motoserra e Exhibición de Figurismo durante a xornada, a cargo de Marcos Mariño. Campo de Santa Isabel (inmediacións do circuíto deportivo)

· 13.00h. Actuación da Banda Municipal de Música Sons e Soños, diante da casa consistorial

· 13.00h. Punto de adopción de cans, residencia canina Garatuxa. Campo de Santa Isabel (inmediacións da Casa do Concello)

· 13.00h. Concentración de vehículos clásicos. Campo de Santa Isabel

· 13.30h. Xantar baixo carpa (capacidade para unhas 700 persoas) con posibilidade de mercar produtos variados. Campo de Santa Isabel

· 14.00h. Actuación do Grupo de Gaitas da Asociación Cultural Penas de Rodas. Campo de Santa Isabel

· 16.30h. Paseos en Kaiak polo Miño, a cargo do Club de Piragüismo Cidade de Lugo. Campo de Santa Isabel

· 17.30h. Saída do bus turístico por Outeiro de Rei (logo de inscrición na caseta do Concello). Diante da casa consistorial

· 17.45h. Espectáculo familiar de varietés «Gyrovâgus», a cargo de Mircromina Títeres. Praza do Concello

· 18.00h. Animación a cargo do Grupo de Gaitas da Asociación Cultural Penas de Rodas. Campo de Santa Isabel. Rúas do centro urbano

· 18.45h. Entrega de premios do I Campionato de Escultores con Motoserra. Campo de Santa Isabel

· 19.00h. Exhibición Canina de Obediencia e Defensa Deportiva. Grupo de Traballo Deportivo «Fontao». Campo de Santa Isabel (inmediacións da capela)

· 19.30h. Exhibición infantil de baile rexional. Agrupación Baile Infantil Outeiro de Rei. Praza do Concello

· 20.30h. Entrega de premios do III Concurso de Pintura ao Aire Libre. Diante da casa consistorial

· 21.30h. Sorteo de vinte premios de 50 euros cada un. As rifas para participar no sorteo obteranse ao comprar nos postos da feira. Caseta do Concello

· Recollida de postos

· 00.00h. Sesión de fogos de artificio e peche da feira. Praza do Concello