Forget La France: «Interpretamos temas propios, de indie-rock, e versións»

Félix Jorquera / L.L.

OUTEIRO DE REI

L.LÓPEZ

A banda de Outeiro de Rei presenta hoxe ás 21.00 horas no Vello Cárcere o seu novo disco, «200 razones»

02 mar 2019 . Actualizado a las 09:09 h.

Forget La Frace ofrecerá esta noite un concerto no Vello Cárcere de Lugo. O grupo, de Outeiro de Rei, presentará o seu primeiro disco, 200 razones, con Tamara Román (voz e percusión), Alfonso Carballo (baixo), Roi Álvarez (voz e guitarra) e Carlos Roibás (batería). O concerto terá lugar ás 21.00 horas. Carlos e Roi estiveron no programa Voces de Lugo, de Radio Voz, onde falaron deste novo proxecto.

-¿Que tipo de música interpreta Forget La France?

-As nosas composicións, nas que contamos as nosas vivencias, son de música indie-rock, pero tamén interpretamos versións.

-¿Cales son as fontes das que bebe o grupo?

-Ademais do propio estado de ánimo á hora de compoñer, temos moita influencia de artistas como Leiva ou Quique González. De feito, estamos preparando un tributo a Leiva.

-¿Como é a acollida que está tendo o disco?

-Moi boa, á xente gústalle moito escoitalo.

-¿Como son os vosos directos?

-Sempre enche máis tocar en directo, diante da xente, e ver como se implica o público. Nos directos mesturamos as nosas propias cancións e incluímos tamén versións, de artistas como Quique González, Coque Malla ou Iván Ferreiro.