José Pardo Lombao repite como candidato do PP en Outeiro de Rei

O actual alcalde leva 21 anos no mandato e márcase como reto abrir o centro de día e potenciar o turismo


José Pardo Lombao será o candidato do PP en Outeiro de Rei onde é alcalde dende hai máis de 21 anos co respaldo dos veciños e veciñas con maiorías absolutas nas distintas convocatorias electorais. O candidato popular manifesta, ante os novos comicios de maio, a súa intención de «seguir traballando para que Outeiro sexa un concello atractivo para vivir e traballar» apostando por «ofrecer servizos e actividades lúdicas, facilitar a conciliación e fomentar a implantación de empresas».

A presidenta do Partido Popular da provincia, Elena Candia, destaca «a xestión do goberno popular no Concello de Outeiro de Rei logrando que o municipio incrementara nu 20% a súa poboación nos últimos 20 anos en contra da tendencia ao despoboamento que viven os municipios rurais da nosa provincia».

Como retos de futuro, o candidato do PP explica que «pretendemos implantar no municipio un centro de día e da terceira idade no vindeiro mandato», ademais de «seguir traballando para o desenvolvemento de máis infraestruturas culturais e deportivas». Así mesmo, aposta por potenciar o sector turístico en Outeiro de Rei aproveitando os nosos recursos. Nese sentido, Pardo amósase convencido de que «é un sector económico tamén a ter en conta» e para o que ata agora traballamos fomentando a implantación de casas de turismo rural e no deseño dunha ruta de sendeirismo».

Tamén avanza que «o goberno local traballa na potenciación da riqueza forestal e o coidado do medio ambiente seguindo as políticas anti-incendios»; ademais de «apoiar o sector agrario».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

José Pardo Lombao repite como candidato do PP en Outeiro de Rei