Propoñen 500.000 euros para continuar o Paseo do Rato ata a Campiña

La Voz LUGO / LA VOZ

OUTEIRO DE REI

BNG

O BNG solicitará que esa cantidade se inclúa nos orzamentos da Deputación

25 nov 2018 . Actualizado a las 13:31 h.

Continuar o Paseo do Rato ata a Campiña. Esa é a proposta que fai o BNG e, de feito, a formación xa presentou unha emenda aos orzamentos da Deputación para que acometa un investimento de medio millón de euros. Trátase de seguir o recorrido ao carón do río Fervedoira. Asemade tamén reclaman a inmediata posta en marcha dos traballos para acondicionar as rúas da urbanización Castro Gil, xa que se trata «dunha débeda ca veciñanza que leva anos pagando impostos e están totalmente esquecidos», segundo dixo onte o voceiro nacionalista no Concello de Lugo, Rubén Arroxo.

O deputado provincial Xosé Ferreiro, concelleiro en Outeiro de Rei, explicou que presentarán unha serie de emendas aos orzamentos provinciais «e avaliaremos cal será a posición do noso grupo á hora da aprobación en función da consideración que se teña das nosas propostas e esta de continuar o Paseo do Rato, xa foi aprobada por unanimidade no pleno polo que entendemos que non debe haber problema algún para que a partida proposta vaia xa incluída nos orzamentos do 2019.