O cantautor Miro Casabella actuará o sábado en Outeiro de Rei

OUTEIRO DE REI

A Nova Canción Galega cumpre 50 anos

24 nov 2018 . Actualizado a las 10:44 h.

Sábado 24 • 20.00 horas • Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei) • Entrada libre. Reserva de entrada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou 698 177 621 • 

O cantautor Miro Casabella estará este sábado na Casa-Museo Manuel María repasando algunhas das composicións do seu amplo e rico cancioneiro. O concerto celébrase con motivo dos 50 anos da Nova Canción Galega. O compositor do Valadouro manterá previamente unha conversa con Saleta Goi, compañeira de Manuel María.