Máis de sesenta propostas para aprender e gozar en Outeiro de Rei

O Concello presentou o programa de actividades con cursos, viaxes, festas, concertos e deporte


Lugo / La Voz

O Concello de Outeiro de Rei presentou o programa de actividades para a tempada 2018-2019. Trátase de máis de sesenta propostas para aprender e gozar no municipio, con cursos variados, excursións, festas, concertos e deporte, para todas as idades. O día 5 remata o prazo de inscrición para varias das actividades, para as que os empadroados en Outeiro de Rei, ademais de ter preferencia á hora de inscribirse, terán prezos reducidos. Máis información na Casa da Cultura, no Concello, no 982 393 408 ou en www.outeiroderei.org.

· Linguaxe musical. Ata maio.

· Musical English. Ata maio

· Música en movemento

· Marcha nórdica (actividade cardiosaudable, mellora das costas e da saúde). Sábado 3 e domingo 4 de novembro (roteiro). De 10.30 a 13.00h. Gratuíta

· Baile de salón. Do 10 de novembro ao 9 de febreiro (iniciación)/Do 16 de febreiro ao 11 de maio (perfeccionamento). +12

· Creatividade infantil (dous cursos). Papiroflexia, manualidades, goma eva, cartolina... Do 14 novembro a maio

· Conversa en inglés xogando. Do 16 de novembro a maio

· Baile tradicional galego. Do 16 de novembro a xuño. +6 anos

· Obradoiros de las e macramé: broches, abelorios, lapiseiros. Do 16 de novembro a maio. Primaria

· Obradoiros para festas. Do 20 de novembro a maio. Primaria

· Inglés básico (adultos). Do 8 de xaneiro ao 23 de maio

· Mecanografía. Do 11 xaneiro ao 29 marzo

· Teatro. Do 14 de xaneiro ao 21 de xuño. Primaria

· Actuacións básicas en emerxencias sanitarias (reanimación cardiopulmonar, sintomatoloxía de ictus, infarto). Sábado 19 xaneiro, de 11.00 a 13.00h. Gratuíta

· Viaxe á Feira do Butelo da Fonsagrada. Sábado 23 de febreiro, de 10.30 a 20.00h. Bus gratuíto (museo etnográfico 1,50 €)

· Charlas «Comer ben: a importancia das etiquetas dos alimentos e saber comprar», sábado de febreiro; e «Nutrición en poboación infantil», sábado de marzo. De 11.00 a 13.00h. Gratuítas

· Cerámica de Bonxe. De marzo a maio

· Manualidades, estarcido e restauración. Abril, maio e xuño

· Ruta de sendeirismo fluvial do Río Umia. Sábado de maio. Bus gratuíto (visita opcional ao Pazo Quinteiro da Cruz, xardíns das Camelias, bodegas e degustación de viños 8 €)

· Teatro Elefante Elegante, Asubíos. Sábado 3 de novembro. Casa Cultura

· Big Band Young Murajazz. Sábado 17 de novembro. Casa Cultura

· Obradoiros de Nadal. Nadal

· Banda de Música Sons e Soños. Xoves 27 de decembro

· Festa de Reis. Sábado 5 de xaneiro. A partir das 18.00h. Mago Manuel, merenda e Cabalgata

· Festa de Entroido. Domingo de Entroido, 17.00h. Praza da Vila

· Festa dos Nenos. Venres 7 de xuño, a partir das 16.30h. Praza da Vila (inchables, kars, festa da escuma e merenda)

· Fútbol Sala. Ata maio. +7

· Balonmán. Ata maio. +7 anos

· Taekwondo. Do 12 de novembro a maio. +7 anos

· Tenis de mesa. Do 13 de novembro a maio. +7 anos

· Ioga. Do día 13 a maio

· Pilates (3 cursos). Do 13 de novembro a maio

· Baloncesto. Ata maio (infantil + cadete) / Do 14 de novembro a maio (benxamín + alevín)

· Xogos predeportivos e tradicionais (3-6 anos). Do 13 de novembro a maio

· Patinaxe. Do 16 a maio

· Psicomotricidade. Do 16 de novembro a maio. De 3 a 6 anos

· Zumba infantil. Do 16 de novembro a maio. +6 anos

· Fútbol Sala Biberón. Do 16 de novembro a maio.

· Xadrez. Do 19 a maio. +7 anos

· Tenis. Novembro-maio. +7

· Viaxe a Leitariegos. Fin de semana de febreiro. Saída 7.00h. Bus gratuíto (empadroados)

· Escola de Música (Outeiro, Rábade e Begonte). Ata maio

· Ximnasia rítmica. Ata maio.+5

· Inglés. De novembro a maio.

· Padel. De febreiro a abril

· Taller creativo de reciclaxe téxtil. De febreiro a maio. +6

· 8 marzo. Día Internacional da Muller. Concurso Fotografía

· Obradoiro plantas aromáticas e medicinais. 18, 19 maio

· Obradoiro macramé. Ata o 16

· Deseño gráfico e servizos na nube. Ata o 7

· Defensa persoal. 3, 10 e 24 de novembro. Gratuíta

· Taller de autoestima. Do 13 de novembro ao 18 de decembro

· Excursión a Luarca (Asturias): festa e feira de Santa Catalina. Día 25. Bus gratuíto

· Excursión a Ourense e Termas de Outariz. Venres 26 de abril. Bus gratuíto (Termas opcionais: 4,90 €)

· Coida os teus pés. Unha profesional atenderá as consultas relacionadas coa saúde e coidado dos pés. Ata xullo. Mércores de 10.30 a 13.30h. Cita no 982 393 281

· Ximnasia para maiores. Ata maio

· Taller de memoria. Do 3 ao 24 de abril. Gratuíto

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Máis de sesenta propostas para aprender e gozar en Outeiro de Rei