Novos petroglifos en Biville, na Serra do Páramo

La Voz LUGO

O PÁRAMO

El colectivo Patrimonio dos Ancares documenta nuevos petroglifos en el Concello de Sarria
El colectivo Patrimonio dos Ancares documenta nuevos petroglifos en el Concello de Sarria PATRIMONIO DOS ANCARES

O colectivo Patrimonio dos Ancares considera esta zona como a de maior valor arqueolóxico do Concello de Sarria

07 jul 2020 . Actualizado a las 19:28 h.

O colectivo Patrimonio dos Ancares informou onte do achado de novos petroglifos no concello de Sarria. Aínda que consideran que a zona na que foron descubertas as pezas, na parroquia de Biville, na Serra do Páramo, a 845 metros de altitude, resultou moi afectada polos labores agrícolas e forestais, así como por un parque eólico, segundo o seu criterio é a zona arqueolóxica máis interesante do concello. Ademais dunha necrópole megalítica de hai uns 6.000 anos (Neolítico), está a ermida do San Marcos, da Alta Idade Media.

O primeiro petroglifo foi atopado de forma casual, xa que estaba practicamente cuberto pola terra, segundo informaron dende o colectivo. Posúe unha combinación de dous círculos concéntricos con coviña central. Como no caso da maioría dos petroglifos, sinalan, trátase dun motivo enigmático, sendo obxecto de variadas interpretacións: representacións do sol ou asociados a algún tipo de ritual.

A uns 300 metros deste, xusto no límite co concello do Páramo, localizaron unha pena con tres coviñas e unha cruz de factura que cren dunha etapa posterior. Atópanse a poucos metros dunha mámoa utilizada, ao seu xuízo, como marco para delimitar as parroquias de Friolfe (O Páramo) e Biville (Sarria). Patrimonio dos Ancares sinalou que estas coviñas adoitan interpretarse como recipientes para ofrendas, lugares para recoller a auga que sería utilizada nalgún tipo de ritual, delimitadoras de lugares sagrados ou espazos máxicos, etc.