A Deputación realiza obras na LU-P-1602 de San Cristóbal, por Adai, á LU-1062, no concello do Corgo

La Voz

O CORGO

Os traballos inclúen movemento de terras, drenaxe, afirmado, pavimentación, sinalización e balizamento

29 ago 2018 . Actualizado a las 11:01 h.

A Deputación realiza obras na LU-P-1602 de San Cristóbal, por Adai, á LU-1062, no concello do Corgo. A presente obra ten por obxecto mellorar a seguridade vial no tramo da vía LU-P-1602 entre os PPKK 1+540 e 3+200.

A LU-P-1602 ten a súa orixe na estrada N-VI, localidade de San Cristóbal, no concello do Corgo (Lugo).

Proxéctase unha actuación consistente nunha variante da plataforma existente, realizando correccións na xeometría dos tramos de entronque co actual trazado.

As obras previstas comprenden os seguintes traballos:

Movemento de terras: Execútase o movemento de terras necesario ata conseguir as seccións previstas, mediante desmonte e terraplenado, previa retirada de terra vexetal e saneo.

Drenaxe: O drenaxe transversal do vial realizouse mediante a ampliación de gabias formadas por tubos de formigón centrifugado. E as embocaduras necesarias para cada unha das mesmas. Dispuxéronse pasos salvagabias onde era preciso.

Afirmado e pavimentación: A sección tipo dos laterais ampliados estará formada por 20 cm de balastro artificial, 10 cm de grava e triplo tratamento superficial. Sobre a superficie obtida esténdese unha capa de MBC de 5 cm de rodadura, cos seus correspondentes regos bituminosos.

Sinalización horizontal: Realizarase a sinalización horizontal do vial mediante o pintado das liñas de bordo e eixe, pasos de peóns, símbolos, etc.

Sinalización vertical e balizamento: Levarase a cabo mediante a colocación de sinais e barreira de seguridade necesarios para asegurar unha correcta seguridade vial dos usuarios.