A marela de ouro de Sabarei, camiño do matadoiro

O CORGO

CEDIDA

Vendida en cinco mil euros unha «rubia» gallega na feira da Pobra de San Xiao

03 may 2016 . Actualizado a las 19:58 h.

Ten dez anos e, se cadra, xa está ás portas do matadoiro. Una vaca loira galega é estes días a marela de ouro. Foi vendida durante a fin de semana na Feira da Tenreira Galega, que se celebrou na Pobra de San Xiao, en 5.000 euros. O animal, que pesa 1.200 quilos, foi criado na explotación Finca Villadangos, de Sabarei (O Corgo) e os novos donos son os de Ganados José, de Espasante (Castroverde).
Durante estes dez anos foi mantida con herba, millo triturado e cebada para conseguir un óptimo engorde. Varios gandeiros aseguraron que abofé que daba xenio vela. De feito o xurado da feira concedeulle o premio á mellor vaca. Pero o seu destino non serán os verdes pasteiros de Castroverde senón a cociña dun restaurante cuxo propietario mostrou xa o interese na súa adquisición.