Muras celebra a Romaxe Artesá da Chaira: de regueifas a un concerto de Milladoiro

Laura López LUGO / LA VOZ

MURAS

Milladoiro actuará na Romaxe Artesá da Chaira
Milladoiro actuará na Romaxe Artesá da Chaira ANDRÉS REY

A área recreativa da Veiga acolle este sábado, día 24, unha festa con artesanía, oficios tradicionais, xogos e música

21 may 2025 . Actualizado a las 12:41 h.

Sábado 24 • Todo o día, desde as 11.00 • Área recreativa da Veiga (Muras) • 

Todo listo para celebrar este sábado a IX Romaxe Artesá da Chaira. A zona da feira, con 24 postos de artesanía, abrirá ás 11.00 e acollerá ao longo de toda a xornada diferentes actividades arredor dos oficios tradicionais: escultura, gravado de madeira, elaboración de galletas... Tamén haberá exposición de fotografía, xogos tradicionais con Xotramu (ás 11.00 e ás 16.00), mentres que o alumnado do IES Basanta Silva fará unha exhibición de regueifas (12.00) e Peter Punk e Brais das Hortas ofrecerán espectáculos para público infantil (13.00).

A música chegará da man da Mekánika Rolling Band antes do xantar, de Pakolas (17.00), do grupo emerxente Lina e Lola (20.00) e co concerto de Milladoiro (21.15 horas).