Haberá charlas, música, actividades para cativos e postos de venda
17 nov 2021 . Actualizado a las 12:11 h.Días 20 e 21 • Colexio e Praza do Viveiró • Muras •
Muras celebra esta fin de semana a VI Feira do Mel de Montaña.
Sábado 20
Colexio Viveiró
· 11.00-13.30h. Charla «Seguros apícolas», impartida por Tino Guede de Albroksa
· 11.30-12.30h. Charla «Incorporación á apicultura e experiencias vividas», por Iago Vilda, enxeñeiro de Montes e apicultor
· 12.30-13.30h. Charla «Programa sanitario na Casa do Mel», Iria Bellas, veterinaria
· 16.00-19.30h. V Cata do Mel de Muras
Praza do Viveiró
· 20.00h. Magosto popular, liscos e viño
· 21.00h. Presentación do vídeo «Mel de Montaña»
· 21.30h. Festa co Dúo Venus
Domingo 21 (Praza do Viveiró)
· 10.00h. VI Feira do Mel de Montaña de Muras. Apertura dos postos de mel, queixos e pan
· 11.00h. Comezan as actividades para os nenos
· 12.30h. Showcooking a cargo da cociñeira Belén Morandeira, do Restaurante Colón
· 16.00h. Showcooking infantil
· 17.30h. Entrega de premios
· Durante todo o día, a feira estará amenizada pola charanga Os Celtas. Ademais, haberá servizo e apertura dos locais Casa Cándida, Picapán-Casa Vituco e unha carpa coa pulpería Mario de Viveiró