Sés e Fanfarria Taquikardia, o sábado en Muras

A Veiga celebra a IV Romaxe Artesá da Chaira con artesanía, oficios, xogos, teatro, charlas, gastronomía, exposicións, obradoiros, música e baile

Sés
Sés

Sábado 25 • 10.00-22.30 horas • A Veiga • Muras • 

Muras celebra este sábado a IV Romaxe Artesá da Chaira, con mostra de artesanía e de oficios, xogos tradicionais, teatro, charlas, gastronomía (mercado rural agroecolóxico), exposicións (traballos colaborativos das mulleres do grupo de manualidades de Muras e mostra de zocas e zapato artesanal a cargo do zapateiro Pedro Domínguez), música, baile e obradoiros.

O programa de actividades é o seguinte:

· 10.00-14.00h. Mostra de oficios (pedra, cantería, instrumentos musicais, cestería, moda, madeira, luz, traxe tradicional galego, forxa, silleiros, lá, coiro, xoiería, xogueteiro, cabelo...)

· Pola mañá: música de rúa con Pingarela

· 11.30-13.30h. Obradoiros infantís: xoguetes sonoros con cana e creación de broches

· 12.00h. Charla desenvolvemento rural, a cargo da asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga, «Cooperación do traballo para o rural dende o rural. Creación de emprego nun entorno rural»

· 13.00h. Malabares con Koke Malabar, «Cirkote, circo de rúa».

· 16.00h. Xogos tradicionais con Xotramu

· 16.30h. Obradoiro de adultos sobre cestería

· 17.00h. Teatro de títeres, «Barriga verde», a cargo de Títeres Alakrán

· 18.00h. Malabares con Koke Malabar, «Cirkote, circo de rúa».

· 19.30h. Concerto de Fanfarria Taquikardia

· 20.45h. Concerto de Sés

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Sés e Fanfarria Taquikardia, o sábado en Muras