Eloy Pérez buscará a maioría absoluta para o PP en Monterroso

la voz LUGO

MONTERROSO

Paula Prado e Balseiro arrouparon a Eloy Pérez en Monterroso
Paula Prado e Balseiro arrouparon a Eloy Pérez en Monterroso CEDIDA

O candidato dixo que se chega a ser alcalde o municipio terá unha residencia da terceira idade

21 ene 2023 . Actualizado a las 18:27 h.

O actual primeiro tenente de alcalde de Monterroso, Eloy Pérez Sindín (1971), encabezará de novo a lista popular nas eleccións locais do próximo mes de maio. Pérez Sindín xa foi candidato á alcaldía nos comicios de 2019, que foron o seu primeiro encontro coa política.

Na noite do venres celebrouse a súa presentación no centro sociocultural da vila, que se encheu para escoitar ao candidato e á secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, que acudiu ao acto dos populares lucenses e monterrosinos.

Eloy Pérez, profesionalmente dedícase a asesoría e a elaboración de proxectos agroindustriais e agropecuarios. Dixo no acto que se sentía «diante dun gran reto, que asume con gran responsabilidade» e que o afronta, ao igual que fixo coas tarefas municipais neste mandato, con «seriedade, humildade e respecto». Pérez afirmou «o meu absoluto compromiso con Monterroso» e que traballará para conseguir que o PP goberne neste municipio con maioría absoluta.

Melloras en infraestruturas

O candidato lembrou o traballo efectuado ao longo do actual mandato e sinalou o camiño a seguir, «avanzando na mellora das infraestruturas e na ampliación de servizos aos veciño». Entre as infraestruturas, Eloy Pérez destaca a construción dunha nova planta depuradora de augas residuais. Dixo que a Xunta a está a punto de rematar o correspondente proxecto técnico. En canto a servizos dos que Monterroso precisa dispoñer canto antes, citou unha residencia da terceira idade, algo que, asegurou, terá o municipio se chega á alcaldía. 

O aspirante popular a alcaldía destacou tamén a necesidade de promover o patrimonio histórico, cultural e natural de Monterroso. Nesta liña, resaltou como paso moi relevante a creación do Centro de Interpretación Monterroso, a Vila das Feiras.

Paula Prado: «O PP de Monterroso é exemplo de sentidiño»

Á presentación do candidato asistiu a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e unha representación da dirección provincial do PP. Prado afirmou que o PP de Monterroso «é un exemplo de solvencia, xestión e sentidiño» e puxo en valor que sempre se antepuxera «a gobernabilidade, o benestar e a prosperidade do concello fronte a partidismos é ideoloxías». Neste sentido enxalzou a «capacidade de Eloy Pérez de chegar a pactos e non seguir afondando na parálise».

E lanzou un dardo ao exalcalde e candidato do PSOE, Antonio Gato: «Os veciños de Monterroso tiveron que sufrir demasiado tempo a un alcalde máis preocupado de resolver os seus líos internos que de xestionar con eficacia as preocupacións da xente, facendo que Monterroso acaparara titulares día si e día tamén polos seus problemas de desgoberno».

El presidente de la Diputación de Lugo, José Tomé (tercero) durante la presentación de Antonio Gato (cuarto) a la alcaldía de Monterroso

Antonio Gato será el candidato del PSOE en Monterroso

suso varela

 Antonio Gato Soengas será el candidato del PSOE a la alcaldía de Monterroso, un puesto que ocupó dentro de este partido entre los años 1999 y 2015. El veterano socialista, de 77 años de edad, tuvo recientemente un encuentro con el secretario provincial del PSOE, José Tomé, quien le propondría encabezar la lista a las municipales de mayo del 2023.

Este martes a mediodía, en la sede del PSOE de Lugo, en la Rúa Salmón, el propio Tomé convocó a los medios para dar cuenta de la candidatura socialista en el municipio de Monterroso y confirmar así que Antonio Gato será candidato a la alcaldía de Monterroso. En la comparecencia estuvo acompañado del portavoz socialista en Monterroso, Rafael García, y de la secretaria de organización del PSOE lucense, Pilar García Porto.

Seguir leyendo