Monterroso reforza os servizos por Internet

la voz LUGO / LA VOZ

MONTERROSO

Rocío Seijas, alcaldesa de Monterroso
Rocío Seijas, alcaldesa de Monterroso OSCAR CELA

Habilita na web municipal un sistema para o pago de tasas e para amosar queixas e suxerencias

09 jun 2021 . Actualizado a las 17:39 h.

O Concello de Monterroso, coa intención de facilitar todo tipo de trámites administrativos, acaba de crear un novo servizo de pago de tasas en liña. O servizo está dispoñible a través da páxina web do Concello e é unha  ferramenta totalmente accesible e que pretende mellorar e simplificar todo tipo de trámites administrativos. 

A alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, destaca que este novo servizo forma parte da modernización e adaptación do Concello aos novos tempos, especialmente marcados polo covid. Así os monterrosinos dende calquer  recuncho poderán pagar as tasas de certificados de empadronamento, tasas por denuncias a instancias de parte, tasas por información testifical, tasas por informes urbanísticos, tasas por recollidas para o Punto limpo ou retirada de  flores en cementerios, tasas por documentos anteriores ao último quinqueno ou certificacións de acordos e demais documentos relativos ao último quinquenio. Esta novo servizo está dispoñible xunto coa plataforma para o pago das tasas  polo uso das pistas de padel, implantada polo equipo de goberno «e que está a  ser un éxito pola gran aceptación da cidadanía». 

Asemesmo a alcaldesa fai fincapé en que a modernización da Administración local «é tremendamente importante pois os concellos somos a administración máis cercana ao veciños e debemos traballar para que os servizos que  prestemos dende o Concello sean o máis eficientes posibles, o máis axiles e de  mellor calidade».

Rocío Seijas tamén destaca que en breve se poñerá en marcha unha ventá dentro da propia páxina web e un buzón nas propias dependencias municipales  de queixas e suxerencias totalmente anóminas co fin de mellorar a eficacia, a  eficiencia e a calidade dos servizos prestados, así como levar a cabo proxectos  e melloras propostas polos propios veciños.