Concertos, contacontos e presentacións literarias e musicais

Monterroso celebra o sábado 14 a V Feira do Disco e Libro Galego


Lugo

Sábado 14 • 10.30-21.30 horas • A Cúpula (Monterroso) • 

Monterroso celebra o día 14 a V Feira do Disco e Libro Galego, cunha trintena de expositores e actividades para todos os públicos. Está organizada pola Asociación Cultural 25 Xastres. 

· 11.00h. Contacontos ilustrado Carbalho Calero. Lela Edicións

Conversa Aberta, «Instruccións para construír un carrusel», con Berta Dávila e Carlos Meixide, sobre o libro «Carrusel», de Berta Dávila (Galaxia)

· 11.30h. Presentación «Na Harmónica», con Xico de Carinho e Alba María (aCentral Folque)

· 12.00h. Presentación «A nena e o grilo, máis aló», con Magín Blanco (concerto para nen@s), Galaxia

· 12.50h. Presentación «Beleza vermella», con Arantza Portabales. Galaxia

· 13.30h. Presentación musical do álbum «Contrapunto». Vermú showcase con Tanxugueiras

· 16.00h. Presentación «Illas a sotavento», con Henrique Dacosta. Xerais

· 16.30h. Contacontos e actividade con Estefanía Padullés

· 16.45h. Presentación «Cairón nº4. Boletín do IEU», con Alonso Montero, Daniel Salgado e Francisco Pardo

· 17.30h. Presentación «A fraga do meu avó». Acústico con Mamá Cabra (concerto para nen@s). Galaxia

· 18.20h. Presentación «Ferreñas e rock and roll», con Laura Romero e Iria Pedreira (Baía Edicións)

Contacontos «O cociñeiro Martiño», Iago López (Xerais)

· 19.00h. Presentación musical do álbum «A luz prendida» MJ Pérez

· 19.45h. Recital poético «A boca da terra», con Manuel Rivas, e sinatura «Vivir sen permiso, e outras historias de oeste», Xerais

· 20.40h. Presentación musical do álbum «Ala», con Oîma

Tamén haberá sinatura de exemplares con Estefanía Padullés (stand Hércules), Carlos Meixide, Ana Vila (espazo sinaturas, 17.00-19.00) e María Luísa Pereiro («Fiando nas letras», espazo sinaturas, 17.00-19.00). Os expositores que participan son Cris Cras Crus, Lela Edicións, aCentral Folque, Ozoco GZ, Libraría Pedreira, Ton e Son Editorial, Hércules de Edicións, Inquedanzas Sonoras, Carlos Meixide, Helena Salgado, Libraría D´Papel, Antiguallas, Os Tres, Tenda O Fiadeiro, Libraría Meiga, Tenda Cultura, Axóuxere Editora, Chan da Pólvora, Libraría Biblos, Valín Libro Antigo, Libraría Paula, Publicacións Deputación de Lugo, Instituto de Estudos Ulloáns e Crepeo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Concertos, contacontos e presentacións literarias e musicais