Literatura e música festexarán a cultura galega en Monterroso

MONTERROSO

FOTO LOIS

A IV Feira do Disco e Libro Galego celebrarase o sábado 16

12 mar 2019 . Actualizado a las 18:02 h.

Sábado 16 • 10.30-21.30 horas • A Cúpula • Monterroso • 

Monterroso celebra o sábado a IV Feira do Disco e Libro Galego, que organiza a asociación cultural 25 Xastres. Trátase dun «punto de encontro, no que poder gozar da cara máis lúdica da cultura e que pretende dar visibilidade e potenciar estes dous medios de difusión cultural, nun mesmo espazo co galego como lingua vehicular». Haberá postos de exposición e venda, música, presentacións literarias e outras actividades:

· 11.00h. Obradoiro gastroliterario: Cociñando con bolboretas no bandullo. Para nen@s de 5 a 12 anos con reserva: 630 650 419 ou 699 691 447

· 11.00h. Presentación Hotel para coleccionistas discretos, con Diego Giráldez, Manrique Fernández e Francisco Castro

· 11.00-13.00h. Espazo sinaturas. Adolfina Mesa firma exemplares de Poemas y Catarsis

· 11.30h. Presentación A gotiña viaxeira, con Toño Núñez

· 12.00h. Presentación Mostros, de Chuches Amil. Con Fran Amil (Concerto para nen@s)

· 12.50h. Presentación Chámame señora, pero trátame coma un señor, con Inma López Silva

· 13.30h. Presentación musical do álbum Fonsagrada. Con Candorka Trío

· 16.10h. Presentación Colección Cámara Escura, con Eutropio Rodríguez, aCentral Folque

· 16.30h. Contacontos e actividade: A manchas ou a raias, con Estefanía Padullés

· 16.30-18.00h. Espazo sinaturas. Ana Vila firma exemplares de Sentidos nunha aldea

· 16.45h. Presentación Cairón nº3. Boletín do IEU, con Alonso Montero, Daniel Salgado e Francisco Pardo

· 17.35h. Presentación Radio BuleBule. Con Paco Nogueiras. Concerto para nen@s

· 18.20h. Presentación O puño e a letra. Yolanda Castaño

· 19.15h. Presentación musical do álbum 13 Cancións Bonitas. Con Benxamín Otero e Germán Díaz

· 20.00h. Presentación Memoria do silencio. Con Eva Mejuto

· 20.40h. Presentación musical do álbum Evelaités. Con Zoelas

Os expositores que participarán son os seguintes: Artesa de Arte (sinatura de exemplares con Strazz), Contos Estraños (sinaturas con Xosé Duncan), Editorial Caldeirón, aCentral Folque, Ozoco GZ, Libraría Pedreira, Ton e Son Editorial, Hércules de Edicións (sinaturas con Estefanía Padullés), Belagua, Carlos Meixide, Helena Salgado, Libraría D’Papel, Cris Cras Crus, Antiguallas, Os Tres, Edicións Fervenza, Libraría Meiga, Tenda Cultura, Axóuxere Editora, Chan da Pólvora, Libraría Biblos, Valín Libro Antigo, Libraría Paula, Publicacións Deputación de Lugo e Instituto de Estudos Ulloáns.