-¿Como é o día a día dunha poetisa, labrega, nai...?
-Ás veces é un pouco complicado. O primeiro é atender á familia, o neno e miña nai. Despois, entre meu marido e eu levamos a explotación gandeira, pero temos poucas vacas e levámolas a pastoreo, así que non nos agobiamos. Ás veces, o cachiño que estou coas vacas venme a inspiración, ou cando vou buscar ao neno... Pero é certo que a vida do campo é escrava porque traballas de sol a sol, e non é fácil compaxinar moitas actividades.