Ferido o condutor dun vehículo que atropelou a un cabalo cerca de Palas de Rei

La Voz

MONTERROSO

O percance sucedu nas primeiras horas da tarde

14 ene 2015 . Actualizado a las 20:54 h.

Un condutor resultou ferido logo de atropelar co seu vehículo a un cabalo que atravesaba unha estrada no termo municipal de Palas de Rei. O suceso aconteceu nas primeiras horas da tarde de hoxe. O servizo de emerxencias do 112 avisou a urxencias médicas e o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Monterroso.