Premios en Meira a fotografías de natureza

La Voz LUGO

MEIRA

Acto da entrega de premios
Acto da entrega de premios

Presentáronse 124 imaxes ao certame artístico

20 abr 2021 . Actualizado a las 09:56 h.

O IES Pedregal de Irimia de Meira, coa colaboración do CEIP Avelino Díaz, o Concello de Meira e a área de Cultura da Deputación de Lugo, entregou os premios do I Certame de Fotografía. A vicepresidenta, Maite Ferreiro, participou no acto. Presentáronse ao concurso 124 imaxes relacionadas coa natureza e os espazos naturais, como se establecía nas bases da convocatoria, que se desenvolveu ao longo do segundo trimestre. Os premiados, en catro categorías, foron os seguintes:

· Infantil (quinto e sexto de primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira): Aya Lafou, por «Coidemos a natureza», e Lorena Alonso Campo, por «Tronco».

· Xuvenil 1 (de primeiro a terceiro da ESO do IES Pedregal de Irimia): Ura Vázquez García, por «Lagos»; Paula López González, por «Reflexos»; e Daniela Rozadillas Vidal, por «Vixiante».

Entrega de premios
Entrega de premios

· Xuvenil 2 (cuarto da ESO e BAC do IES Pedregal de Irimia): Diego Sangiao Vidal, por «A fonte da vida».

· Adultos: María Elena Anllo Díaz, «Dende a montaña».

A área de Cultura agasallou as persoas gañadoras cun lote de libros.