O PP pide a mellora da seguridade da estrada da Fonsagrada a Ribeira de Piquín

la voz LUGO

MEIRA

Regueira e Castiñeira comprobando o ancho da vía e a falta de quitamedos
Regueira e Castiñeira comprobando o ancho da vía e a falta de quitamedos CEDIDA

Reclama á Deputación a instalación de quitamedos ata que non se fagan as obras de reforma que considera necesarias

05 mar 2021 . Actualizado a las 12:57 h.

O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, acompañado do voceiro da Fonsagrafa, José Luis Regueiro, visitaron a estrada LU-P 1906, que enlaza A Fonsagrada con Ribeira de Piquín, uns 13 quilómetros que descorren practicamente metade por metade por cada un destes concellos. Anunciou a presentación dunha iniciativa na Deputación co obxectivo de que o organismo provincial instale con urxencia quitamedos en distintos tramos, como medida provisional ata a execución das obras que son precisas nesta vía.

Castiñeira explicou: «É unha estrada que está moi mal estado; ten moitas curvas e é estreita, pero o máis preocupante é a falta de quitamedos. Por esta vía pasan autobuses, vehículos pesados e un alto número de turismo. Dá acceso á comarca da montaña e facilita o enlace con A Mariña, a estrada de Meira e Vilalba. Ten bastante tráfico e dá acceso a varios núcleos de poboación dos dous concellos citados. Soporta tráfico de buses escolares. É unha estrada de alta montaña, que se ve moi afectada durante o inverno; este ano foi duro e preocúpanos a súa perigosidade xeral e, especialmente, a falta de quitamedos».

Regueira e Castiñeira comprobando o ancho da vía
Regueira e Castiñeira comprobando o ancho da vía

O portavoz popular di que esta queixa e preocupación expona e compártea o PP, pero destácana as corporacións municipais. Castiñeira sinalou: «É preciso que esta vía sexa arranxada o antes posible. As queixas dos veciños, neste caso como noutros, son absolutamente razoables e motivadas e queremos que as obras de reparación se acometan de inmediato».

Lembrou que o presidente da Deputación xa dixo en máis dunha ocasión que non pensa dar máis ancho as estradas provinciais; un exemplo da necesidade de ampliar algunhas estradas é a que vai de A Fonsagrada a Navia; só foi ampliado o ancho en catro quilómetros en cada unha das cabeceiras, quedando discriminados os núcleos de poboación do centro, que son pobos que teñen os mesmos dereitos que os demais».

Regueira e Castiñeira comprobando o ancho da vía e a falta de quitamedos
Regueira e Castiñeira comprobando o ancho da vía e a falta de quitamedos