A Deputación ofrece máis de cen actividades gratuítas para o Nadal

MEIRA

O venres 21 abre o Mercado da Praza de San Marcos

18 dic 2018 . Actualizado a las 13:19 h.

A Deputación de Lugo presentou o programa de actividades que levará de xeito gratuíto aos concellos da provincia. Segundo explicou a deputada de Cultura, Pilar García Porto, trátase de máis de 100 actividades de carácter lúdico, cultural e educativo que se desenvolverán desde o día 21 de decembro ata o 6 de xaneiro.

Dentro desta programación, o día 21 ás 17.30 horas inaugurarase o Mercado de Nadal na Praza de San Marcos, que contará con 13 artesáns, así como unha caseta dedicada á programación propia que inclúe actividades e obradoiros. Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro cun horario de mañá de 11.00 a 14.00 horas, e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas, excepto os días 24 e 31 de decembro, nos que se reducirá o horario de tarde, que concluirá as 18.30 horas. Os postos permanecerán pechados os días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Ademais, a cidade tamén acollerá 23 recitais de corais, nos que actuarán 12 agrupacións polas rúas e as igrexas parroquiais. 

Programación das actividades nos concellos:

· 21 de decembro:

Mago Deimi. Ás 10.00 h. CPI Cervantes, Cervantes

· 22 de decembro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e as 13.30 h. Centro Cívico, Xove

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 11:30 h. Casa da Xuventude, Mondoñedo

O Baúl do Mago. ás 11.30, ás 13.30, ás 16.00 e as 19.00 h. Praza do Camiño. Portomarín

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.30 h. Casa da Cultura, Becerreá

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Pavillón Municipal, Ourol

Mago Deimi. Ás 18.00 h. CPI Plurilingüe Navia de Suarna, Navia de Suarna

· 23 de decembro:

O Baúl do Mago. Ás 11.30, ás 13.30, ás 16.00 e as 19.00 h. Xardíns de Noriega Varela, Viveiro

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.30 h. Casa da Cultura, Palas de Rei

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Carpa Constitucional, Vilalba

Mago Deimi. Ás 18.00 h. Casa da Cultura, Quiroga

Lucus Ensemble. Ás 19.00 h. Centro Sociocultural, Sober

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19.30 h. Centro Sociocultural da Xuventude e Terceira idade, Monterroso

Mago Carlos. Ás 19.30 h. Centro Sociocultural, as Nogais

· 24 de decembro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e as 13.30 h. Centro Sociocultural e Xuvenil, Baralla

O Baúl do Mago. Ás 11.30, ás 13.30, ás 16.00 e as 19.00 h. Parque de San Francisco, Ribadeo

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12.00 h. Casa da Cultura, Outeiro de Rei

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.00 h. Casa da Cultura, Begonte

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Campo da Feira, A Pobra de San Xiao

· 26 de decembro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e ás 13.30 h. Centro Sociocultural, Riotorto

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.30 h. Casa Consistorial, O Páramo

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Campo do Mosteiro de San Salvador, Lourenzá

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19.30 h. Antigas Escolas, Paradela

· 27 de decembro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e ás 13.30 h. Antigo Instituto, A Fonsagrada

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.30 h. Local Social, Muras

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Pavillón Municipal, Meira

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.30 h. Concello Novo, Abadín

· 28 de decembro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e ás 13.30 h. CENIMA, Foz

O Baúl do Mago. Ás 11.30, ás 13.30, ás 16.00 e as 19.00 h. Praza do Concello, Burela

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.30 h. Salón de Actos do Concello, Carballedo

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Pavillón Polideportivo, Alfoz

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19.30 h. Salón de actos do Cuartel Vello, Taboada

Orquestra de Malabares coa Banda Sons e Soños. Ás 20.00 h. IES Río Miño, Rábade

· 29 de decembro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e ás 13.30 h. Pavillón Municipal, Trabada

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12.00 h. Bibliotéca Municipal, Xermade

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Casa da Cultura, A Pontenova

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19.30 h. Casa da Cultura, O Valadouro

· 30 de decembro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e ás 13.30 h. Antiga Nave Gandeira da Cruz do Incio, O Incio

O Baúl do Mago. Ás 11.30, ás 13.30, ás 16.00 e as 19.00 h. Praza de España, Monforte de Lemos

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Centro Sociocultural de Mosteiro, Pol

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 17.00 h. Casa da Cultura “Olga Novo” Pobra do Brollón

Mago Carlos. Ás 18.00 h. Edificio Sociocultural, Pantón

Maxia pola Igualdade. Fani Triana. Ás 18.30 h. Casa da Cultura, Sarria

Mago Deimi. Ás 18.00 h. Escola da aldea de Moreda, Folgoso do Courel

A Gata con Zocas. Ás 19.00 h. Casa da Cultura, Antas de Ulla

· 31 de decembro:

O Baúl do Mago. Ás 11.30, ás 13.30, ás 16.00 e as 19.00 h. Praza do Campo da Feira, Guitiriz

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12.00 h. Casa da Cultura, Pedrafita do Cebreiro

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Casa da Cultura, O Vicedo

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 18.00 h. Casa da Cultura, Guntín

· 2 de xaneiro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e ás 13.30 h. Pavillón “A Ferrería”, Castroverde

Mago Carlos. Ás 12.00h. Centro Sociocultural, O Corgo

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.30 h. Fonte do Luar, Triacastela

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Pavillón do Colexio, A Pastoriza

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19.30 h. Vivendas Comunitarias, Samos

· 3 de xaneiro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e ás 13.30 h. Auditorio Municipal, Chantada

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 12.00 h. Centro Sociocultural Díaz Sampedro de San Cosme, Barreiros

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.00 h. Casa do Concello, Cervo

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h. Pavillón Municipal, O Saviñao

· 4 de xaneiro:

Planetario Ciencia Kids. Ás 10.30 e ás 13.30 h. Centro Sociocultural, Bóveda

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16.30 h. Casa da Cultura de Feira do Monte, Cospeito

Planetario Ciencia Kids. Ás 16.30 e ás 19.30 h.  Casa do Concello, Ribas de Sil

Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19.30 h. Centro Cultural Xosé Manuel Carballo de Castro de Rei (Teleclube), Castro de Rei

· 6 de xaneiro:

Mago Rafa. Ás 17.00 h. Centro Social, Negueira de Muñiz

Programación das actividades de Nadal na Rede Museística

· Museo Fortaleza San Paio de Narla:

20 de decembro ás 12.00 h: Pensando en arte e canalizando emocións. Obradoiro dirixido a todas as idades.

26 de decembro ás 12.00 h: Econadal. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s)

2 de xaneiro ás 12.00 h: Contos ao revés. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s)

4 de xaneiro ás 12.00 h:  A túa mirada conta. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s)

5 de xaneiro ás 12.00 h: Mapa mental da etnografía e da servidume. Obradoiro dirixido a todas as idades

· Museo Provincial de Lugo:

Desde o 23 de decembro ao 6 de xaneiro de 2019 ás 11.30 h, 12.30 h, 17.30 h e 19.00h: As festas do Nadal no Museo Provincial. Visitas dirixidas a todas as idades.

27 de decembro ás 11.00 h: En Nadal, a familia en Rede. Obradoiro dirixido a rapaces entre 8 e 12 anos acompañados dun familiar.

28 de decembro ás 11.30 h: Xogo de personaxes. Visita dirixida a rapaces de 8 a 11 anos.

2 de xaneiro ás 11.00 h: Nadal diverxo, rede de cores. Obradoiro dirixido a todas as idades.

3 de xaneiro as 11.00 h: En busca do tesouro. Visita dirixida a rapaces de 7 a 10 anos.

3 de xaneiro ás 11.00 h: Coñecendo as nosas raíces. Taller de heráldica. Obradoiro dirixido a rapaces de 8 a 12 anos.

7 de xaneiro ás 11.00 h: Antes e despois: o noso cómic. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s).

8 de xaneiro ás 17.00 h: Muller do A ao Z. Obradoiro dirixido a mozos e mozas maiores de 16 anos (Club Ei!) .

9 de xaneiro ás 17.00 h: Todxs pintamos, Todxs sumamos. Obradoiro dirixido a maiores de 55 anos (Club Senior).

· Museo Provincial do Mar:

27 de decembro ás 11.30 h: As árbores do solsticio. Obradoiro dirixido a todas as idades.

28 de decembro ás 11.30 h: Econadal. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s).

3 de xaneiro ás 11.30 h: Contos ao revés. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s).

3 de xaneiro ás 18.00 h: O noso é puro teatro. Obradoiro dirixido a maiores de 55 anos (Club Senior).

4 de xaneiro ás 11.30 h: Camiños de estrelas. Obradoiro dirixido a todas as idades.

· Museo Pazo de Tor:

27 de decembro ás 12.00 h: A túa mirada conta. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s).

27 de decembro ás 17.00 h: Alén da palabra. Obradoiro dirixido a maiores de 55 anos (Club Senior).

28 de decembro ás 11.30 h: As árbores do solsticio. Obradoiro dirixido a todas as idades.

3 de xaneiro ás 11.30 h: Camiños de estrelas. Obradoiro dirixido a todas as idades.