Nova lembranza de Avelino Díaz en Meira

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

MEIRA

CEDIDA

O poeta será recordado ao cumprírense 121 anos do seu nacemento

04 dic 2018 . Actualizado a las 19:01 h.

Avelino Día será lembrado de novo en Meira, Nos actos, previstos para o sábado e presentados este mediodía, intervén tamén o Concello de Riotorto, pois o poeta naceu na Órrea. O programa está organizado pola asociación cultural que leva no nome do escritor.

A xornada, que de desenvolverá na Casa da Cultura meirega, comezará, ás catro e media da tarde, coa proxección dun documental sobre Avelino Díaz e os actos organizados ao cumprírense 120 anos do seu nacemento. Os historiadores Miguel Anxo Seixas e Ramón Villares pronunciarán cadansúa conferencia sobre América e a emigración, haberá actuacións musicais e o programa pecharase cunha merenda.

A Asociación Cultural Avelino Díaz leva anos tentando que ao poeta se lle dedique o Día das Letras Galegas. Díaz naceu na Órrea (Riotorto), pasou parte da nenez en Meira e emigrou a América na mocidade. Volveu a Galicia, pero marchou de novo, e en Bos Aires transcorreu o resto da súa vida e alí está enterrado. Parentes seus visitaron Meira e Riotorto hai anos.