«Teño moi bos recordos da explotación; sempre me trataron moi ben»


VILALBa / LA VOZ

brais Álvarez, que é de Xudán (A Pontenova), traballou tres anos nunha explitación de Friol. Había 70 vacas en produción leiteira, que atendía el, ademais de 40 de carne e 400 xatos de ceba. Era o único traballador que tiñan contratado os responsables e descansaba día e medio por semana. Logo traballou tres anos nunha fábrica da Pontenova, e agora é o encargado da oficina do Sindicato Labrego Galego (SLG) en Meira. Os tempos pasados en Friol deixaron nel unha boa lembranza: «Teño moi bos recordos da explotación; sempre me trataron moi ben», recoñece.

Un dos problemas que Álvarez ve no sector gandeiro é a falta dun convenio colectivo, que si hai noutros, o cal pode ter consecuencias, por exemplo, á hora de cobrar. De todos os xeitos, engade que as diferenzas non son todas negativas: «Nunha explotación, aínda que cobres menos, trátante mellor ca nunha empresa», di. Engade que ese bo trato se debe a que os donos entenden o valor do traballo feito polo empregado, se ben comenta que tamén hai diferenzas entre distintas zonas de Galicia nas atencións ao persoal: e niso, polo que di, comarcas da Coruña gáñanlle a algunhas de Lugo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Teño moi bos recordos da explotación; sempre me trataron moi ben»