A Deputación reparte fondos ás asociacións

O goberno provincial aproba financiar máis de 309 actividades culturais en 57 concellos

s. v.
lugo / la voz

A Deputación de Lugo colabora con 309 entidades culturais da provincia, que reciben axudas de 300 a 1.400 euros. As actividades celebraranse en 57 municipios lucenses e as aportacións do goberno provincial ascenden a 280.000 euros.

Tras a publicación no BOP destas axudas durante os próximos días, as entidades beneficiarias poden xustificar a achega ata o 31 de marzo do 2019. Tamén se habilitará un espazo na web da Deputación con toda a información e documentación a complementar.

 

Beneficiados

A Ulloa:

12.900 euros.

-ANTAS DE ULLA; 6.420 euros para a Asociación de Amas de Casa Dorra-Senande; Quercus Sonora; Club de lectores Rosalía da biblioteca; Asoc. musical e cultural Tesmenteira; Escola de Música de Antas de Ulla; Coral Polifónica Sons do Farelo e a Asociación Os Carreiros.

-PALAS DE REI; 2.286 para o Instituto de Estudos Ulloáns e para A Fonte de Merlán.

-MONTERROSO; 4.187 para a Cultural 25 Xastres; Falcatrueiros de Monterroso; a Coral Polifónica Ecos do Ulla e Entropia-folk.

Montaña: 22.000 euros.

-BALEIRA; 855 euros para A Marronda Asociación de Mulleres Rurais de Baleira.

-BARALLA; 3.478 para a Cultural Airiños do Neira; A Rabela Teatro; A Porta dos Ancares Baralla e Os Malugreiros.

-BECERREÁ; 812 para Zoela, Asoc. Cultural de Becerreá.

-CERVANTES; 5.302 para a Asoc. Cultural Os Xardois; APA do CPI Cervantes; Universidade Rural Galega; Cultural O Teixeiro e a Veciñal San Felipe de Balgos.

-FOLGOSO DO COUREL; 1.060 para a Sociocultural A Coroa e Castro Grande de Vilar.

-A FONSAGRADA; 4.222 para a Asoc. de veciños de Castro de Cuiñas; Museo Comarcal da Fonsagrada; Asoc. Cultural O Caxigo e Antaruxas e Sorteiros.

-NEGUEIRA DE MUÑIZ; 1.064 para a Asoc. para o Desenrolo Rural Integral de Negueira de Muñiz destinados ó Festival de Negueira e á Festa da Vendima.

-AS NOGAIS; 3.062 para a Asociación Mulleres Rurais Counavia; a Cultural Polifónica As Nogais e As Bulidoiras.

-PEDRAFITA DO CEBREIRO; 857 destinados á ANPA do Colexio público do Cebreiro.

-RIBEIRA DE PIQUIN; 1.048 para a Asoc. de Mulleres Rurais do Chao.

Terra Chá: 49.600 euros.

-RIOTORTO; 5.319 euros para Arrincadeira; Coro Parroquial de Riotorto; Gaiteiros de Riotorto; Asoc. de veciños de Santa Comba de Orrea e Augaxosa.

-BEGONTE; 4.650 para a Asoc. Cultural de Illán; Bosque Sagrado de Lugo; Cultural Castiñeiro Milenario; Asoc. de veciños Feira de Barrazoso de Gaibor e a Veciñal Os Milagres Saavedra.

-CASTRO DE REI; 6.670 para as asociacións Amigos dos Cruceiros Cruces de pedra e Petos de Animas; ANPA do CEIP Veleiro de Campo; Cultural de Gaiteiros Os Valuros de Castro de Rei; ANPA Colexio Publico Ramón Falcón; Veciños O Cadaval; Cultural A Chainza e a de Mulleres Rurais A Xuntanza de Castro de Rei.

-COSPEITO; 3.937 para a Asoc. Mulleres Rurais «Cousas nosas»; ANPA CEIP Virxe do Monte; Asoc. de xogos tradicionais de Muimenta- Xotramu e a Cultural Aquilino Iglesia Alvariño.

-GUITIRIZ; 2.413 para a Asoc. de Veciños Cultural e Deportiva dos Vilares e Xermolos.

-MEIRA; 5.462 para a Asociación Local de Pensionistas e xubilados de Meira; a de Amigos da Malla de Meira; Cultural Avelino Díaz; M de Meira e a Gaitafilmes.

-PASTORIZA; 2.332 para a Asociación Cultural e veciñal A Rigueira; Veciñal Campo do Cruceiro de Santa Catalina de Pousada e para a Medioambiental e Sociocultural de Veciños de Santiago de Reigosa.

-POL; 4.016 destinados á ANPA do colexio publico Rosalia de Castro de Mosteiro; Asoc. Leña Verde; Mulleres Rurais Olvido e para a Schola Gregoriana Lucensis.

-VILALBA; 15.079 para a Escola de música de Vilalba; Veciños San Cosme de Nete; Clio Reconstrución Histórica; Asoc. Cultural Banda de Música de Vilalba; de veciños Galopíns de Carballido; Asoc. dos Veciños de Lanzos; Centro Cultural Recreativo en Villalba; Asoc. Xuvenil Nov@s Chaireg@s; Proa de Viveiro; En Movemento; de Veciños do Campo san Xoán; de Andrade; Amigos da Liga Santaballesa; Patronato pro-escuela de Santaballa; Asociación viudas Carmiña Prieto Rouco; ANPA do Ceip Manuel Mato Vizoso; ANPA do C.P. Antonio Insua Bermudez; Asoc. de Mulleres San Bartolomeu de Insua e para a da parroquia de Santiago de Sancovade.

-XERMADE; 5.093 para a Asoc. Cultural Axouxere de Roupar; a de Cabreiros; a Xaravigo de San Pedro de Miraz; a veciñal de Roupar e para a de veciños de Burgas Santa Eulalia.

Sarria: 17.000 euros.

-O INCIO; 3.287 euros para a Asoc. veciñal San Amaro de Barbain; a ANPA do Colexio Ricardo Gasset do Incio e a Cultural Festival Terra Brava.

-LÁNCARA; 3.048 para Asoc. Cultural Val de Láncara; a de Mulleres Rurais O Noso Lar e a Numismática Val de Ariz.

-PARADELA; 714 para actividades da Asociación Veciñal de Vilaragunte.

-SAMOS; 1.143 destinados á Asoc. de Comerciantes Artesáns de Samos.

-SARRIA; 7.906 para a Asoc. Veciñal Penedos do Zorro San Miguel Villapedre; a de Veciños Ajuilaouca; ANPA Colexio Nacional Mixto Fray Luis de Granada; Cultural Grupo Xacobeo Sarria; Sociocultural Sarricanta; La Unión de Sarria; Esmorgat; Asoc. de negocios do Malecón e Río Sarria; Agrupación Cultural Ergueitos e para Espantada Rock.

-TRIACASTELA; 920 para a ANPA do C.E.I.P. de Triacastela.

Lugo centro: 82.000 euros.

-CASTROVERDE; 1.682 euros para ANPA CEIP Castroverde e A.C. Chave das Noces.

-O CORGO; 4.174 estinados á Asoc. de Veciños de Cela-Ponte de Neira; Cultural a Lengua Dereita; Arumes do Corgo e a Andarela de Mulleres Rurais.

-FRIOL; 1.846 para a Asoc. Cultural Xesta Verde e para a Cultural e Recreativa Carballo Vivo.

-OUTEIRO DE REI; 3.046 para a Asoc. Cultural O Cruceiro; Centro Cultural Penas de Rodas; O Muíño Vello de Matela, e a Asoc. de Mulleres Rurais Santa Isabel.

-RABADE; 1.754 para a ANPA Colexio Otero Pedrayo de Rábade e para a Asoc. de xubilados e pensionistas de Rábade.

-LUGO; 68.610 euros.

As entidades lucenses beneficiadas son: Hipócrita Teatro: Asoc. Prestadora de Servicios á Xuventude Sagrado Corazón; Asoc. cultural Xaquedrum; Veciñal de Benade-Calbrava; AA.VV e de Cultura Tradicional Galega Son de Lugh; Asoc. Cultural Artes Curuxán; Amigos do patrimonio de Castroverde; Cultural e Ceportiva de San Juan de Tirimol; Cultural Nostrum Cai-teatro; Asoc. Teatral «In Bocca al Luppo»; Club Cultural Valle-Inclán; Asoc. de Antiguos Alumnos de la Escuela de Artes Aplicadas Ramon Falcón; Asoc. para a Recreación Histórica Caetra Lvcensivm; Sociedad Filarmónica, Asoc. Cidadá Contra a Letra Pequena; Prestancia de Lugo; Asoc. Párkinson Lugo; Sociedade Micolóxica Lucus; ANPA del Colegio Nacional de Paraday; Asoc. para a defensa ecolóxica de Galiza, a do cuarto ciclo do Campus de Lugo; Son de Cores; a de Mulleres Rurais a Landra de Coeo; Asoc. Provincial de amas de casa y de consumidores de Lugo Lucus; Federación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e usuarios Avantar de Lugo; Cultural Mercenarios Galaicos; Cogami Lugo; Vestales de Lucus Augusti; ANPA do IES Anxel Fole de Lugo; AFALU; Roteiros da Carba; Airiños de Orbazai; Clan de Breogán; Institución Galega de Ciencia; Asoc. de Vecinos de San Andrés de Castro; Cultural e Deportiva de Arbol; ANPA CEIP Luís Pimentes Triscos; APA Las Mercedes; Asoc. cultural Val de francos; Cantigas e Frores; a veciñal de As Carballeiras de Bosende Paredes; Chao de Sebes; Cultural As Candelas de Becerreá; Asoc. veciños Piñeiro-Quetesende Laxe Blanca; Lucus Equites; Asoc. de veciños Achegate; Asoc. Cultural de promoción turística Romanos e Castrexos de Lucus-llug; a de Persoas xordas de Lugo (ASORLU); a de Persoas Xordas Maiores de Lugo; a de Festas de Piñeiro e Ribas de Miño; ANPA CEIP Rosalía de Castro; Asociación Cultural de Maiores e Xubilados Vias; Carpe Diem; Asoc. Cultural de Veciños y Comerciantes de la Residencia Lugo Ascorelu; Asoc. de inmigrantes y retornados Rioplatenses; Asoc. cultural Mural Folk; APA del Colegio publico de Albeiros; Federación Gallega de Asociaciones de Viudas; Asociación de viudas Julia Minguillón; Asoc. Cultural y de Promoción Turística Cohors III Lucensium; Cultural Tango Club Galicia; Raiolas-Lugo; Asoc. cultural A Candeloria ; Asoc. cultural Cantar Delas; Asoc. de Música Creativa; Asoc. Lila Per Se; APA del Colegio Isla Verde de Lugo; Unión de Radioaficionados Españoles de Lugo; Asoc. cultural Punto de Cruz; Asoc. Tele Clube; Asociación Empresarios do Barrio de A Tinería- Itineris; Asoc. Lucus Ensemble Música de Cámara; Asoc. cultural juvenil Ateibo de Lugo; Os Pinchacarneiros; Asoc. cultural Cultura do Pais; Asoc. Síndrome de Down; a Magrebí-española para a Integración e Solidaridade (AMEIS); Asoc. cultural Mil Cores SC; a de Antiguos Alumnos y amigos de la Universidade de Santiago de Compostela e a do Xogo Popular e Tradicional.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A Deputación reparte fondos ás asociacións