Novo premio para «Dhogs» antes da súa estrea

MEIRA

OSCAR CELA

A película acadou unha distinción  no Festival de Cine Fantástico de Bilbao

15 may 2018 . Actualizado a las 13:40 h.

A película «Dhogs», dirixida polo meirego Andres Goteira, vén de acadar un novo premio: trátase do correspondente á mellor longametraxe dentro da sección Panorama Fantástico no Festival de Cine Fantástico de Bilbao. O xurado loou a potencia visual da película, que esta semana se estrea nas salas comerciais. O traballo de Andrés Goteira, no que aparecen caras coñecidas do mundo audiosivual galego, ten conseguido premios en varios festivais nos últimos meses. A rodaxe realizouse en distintos lugares de Galicia, e tivo o apoio de empresas e de organismos tras unha campaña de micromecenado.