Roteiro por Meira e Riotorto para lembrar a Avelino Díaz

MEIRA

CEDIDA

A asociación que leva o seu nome fixo un percorrido por lugares vencellados co poeta

04 sep 2017 . Actualizado a las 14:45 h.

As pegadas de Avelino Díaz (1897-1971) aínda se poden atopar nos concellos de Riotorto e de Meira, nos que pasou anos dunha vida que tamén tivo como escenario a outra beira do Atlántico, pois a América emigrou e alí acabou  facendo a súa residencia. A asociación  que leva o seu nome xuntou hoxe máis dun cento de persoas nun novo percorrido polo roteiro que se basea en lugares vencellados con escritor, cuxa figura se está a espallar nos últimos anos co desexo de que se lle chegue a dedicar o Día das Letras Galegas.

A andaina de hoxe, con saida do centro de Meira pola mañá e chegada á parroquia riotortense de Órrea, completouse nese lugar cun xantar e con xogos.