O colexio de Meira levará o nome de Avelino Díaz

MEIRA

Una campaña persegue que protagonice o Día das Letras Galegas do 2017  

30 abr 2015 . Actualizado a las 21:30 h.

O CEIP de Meira ha chamarse, dende agora, CEIP Avelino Díaz. A asociación cultural que leva o nome dese poeta anunciou hoxe ese cambio, acordado en días pasados polo consello escolar do centro. O colectivo non agachou a súa ledicia por esa decisión, que considera un «gran de area» na «causa común» que persegue, xa dende o ano pasado, un claro obxectivo, acadar un Día das Letras Galegas para o escritor.

O obxectivo diríxese a conseguir que a Real Academia Galega o escolla no 2017, xa que entón se cumprirán 120 anos do seu nacemento. Avelino Díaz naceu na parroquia de Órrea (Riotorto), e pasou parte da nenez e da xuventude en Meira, pero gran parte da sua vida transcorreu en América, onde morreu. Aínda que escrita fóra de Galicia, na súa obra poética, na que emprega o galego, son numerosos os vencellos coa terra de orixe. Parentes seus visitaron Meira e Riotorto hai varias semanas.