A illa de San Bartolomeu en Meira

Unha marabilla do noso pasado que agora é unha península máis edificada


Agrupación Cultural Nós

A fotografía de Pacheco forma parte dun conxunto das mellores fotos da paisaxe do Concello de Moaña de hai algo máis de cen anos que foron encargadas pola corporación segundo un acordo do pleno do 15 de marzo de 1914 que transcribo literalmente: «Solicitud de remisión de fotografías a Londres. Dada cuenta asimismo de otra carta del presidente del comité ejecutivo de la Exposición de Turismo de Londres rogando se le envíen fotografías de vistas, sitios importantes, cuadros históricos etc., se acordó autorizar al presidente don José Parada para que en nombre de la corporación las adquiera y envíe a dicho comité».

Efectivamente, o alcalde José Parada Costa encargou ao estudo fotográfico de Pacheco unha colección de fotografías de diferentes lugares de Moaña (igrexa de San Martiño, a praia da Xunqueira, etc.) para enviar a exposición internacional citada e que chegaron ao arquivo da Agrupación Cultural Nós da man de Isabel Parada -filla do alcalde- hai uns trinta anos. Doazón que para os membros da agrupación cultural foi moi importante e que os animou a continuar ampliando o arquivo fotográfico da localidade.

Na illa observamos unhas casas encaladas ao norte, situada na estrada, que se facía a pé coa mareabaixa, tal como se recolle nesta imaxe e no alto da capela de San Bartolomeu, arredor da que se celebra aínda hoxe unha boa fest ano verán.

A illa transformouse en península no comezo dos anos 60 do pasado século, edificouse algo máis, fíxose un porto, unha pequeña lonxa, un clube de remo e nos últimos anos, recreouse un museo ao aire libre das «Carreiras», industrias de facer cordas para barcos como as que houbo na illa na primeria mitade do século XX e fíxose tamén un edificio multiusos para os xubilados da parroquia levantado a escasos metros do mar, e que foi construído por Portos de Galicia

memoria de moaña AGRUPACIÓN CULTURAL NóS

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

A illa de San Bartolomeu en Meira