Sentido homenaxe para A Quenlla

lugo / la voz

MEIRA

Foto Suso

Numerosas persoas acudiron á xuntanza no Pedregal de Irimia e na vila

23 sep 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Trinta anos ben merecen unha homenaxe como a que recibiu a pasada fin de semana en Meira A Quenlla, un dos grupos senlleiros da música galega desde o ano da súa creación, no 1984. A Irmandade Manuel María-Xermolos organizou unha xornada moi sentida na que se combinou o lúdico co musical e coa reivindicación. Deste xeito, arrincou ao mediodía nun lugar emblemático para Galicia, o Pedregal de Irimia, coa lectura compartida dun manifesto «de afirmación nacional» redactado por Baldomero Iglesias, Mero.

Xantar de irmandade

Logo diso, os participantes desprazáronse ao campo da feira, onde unhas duascentas persoas compartiron un xantar de irmandade antes da festa que se celebrou no centro da vila. Nela participaron as bandas de música, gaitas e acordeóns de Meira; Xiana Lastra, María Manuela ou Tino Baz, ademais de Mero e Miro Casabella, entre outros grupos e artistas.

crónica a irmandade manuel maría-xermolos organizou un acto en meira