A Tradescola ensinou técnicas de canto e de pandeireta en Meira

MEIRA

FOTO CEDIDA

Dúas profesoras expuxeron os seus coñecementos na casa da cultura nun curso celebrado onte

10 jun 2013 . Actualizado a las 16:54 h.

O curso celebrado onte en Meia foi un paso máis no propósito da Tradescola de achegar as súas actividades a outros lugares, ampliando así o traballo que desenvolve de xeito habitual en Lugo. As profesoras Begoña Lorenzo e Xela Conde impartiron nocións sobre técnicas de voz, control de respiración e expresión, pero tamén sobre instrumentos como a pandeireta. Con cursos como o de onte, desenvolvido na casa da cultura meirega en sesións de mañá e tarde, téntase non só dar formación senón tamén colaborar con asociacións da provincia. De feito, no curso, patrocinado pola área de Cultura da Deputación, colaboraron o Concello de Meira e a Asociación Cultural Eme de Meira.