A Asociación Lugo Monumental agradece a todos os lucenses o furor en Santa María

Claudia López / M.G LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Pola celebración da final entre España e Arxentina, a Praza de Santa María gozou da presenza de centos de lucenses grazas a unha gran pantalla colocada por Lugo Monumental

20 jul 2026 . Actualizado a las 18:00 h.

O pasado domingo, os lucenses reuníronse para ver a vitoria da Selección Española na final da Copa Mundial da FIFA, e un deses espazos foi na Praza de Santa María, grazas á gran pantalla instalada por Lugo Monumental, que xa se puxera para a semifinal contra Francia hai unha semana.

A asociación quixo agradecer aos locais patrocinadores, xa que foron os principais financiadores que fixeron posible este espazo público de reunión para un evento de relevancia nacional. Tamén agradeceron a colaboración do Concello de Lugo, a Escóitame Producións (empresa que puxo a pantalla), aos medios que difundiron o evento, á Policia Nacional polo desplegue de seguridade e a todos aqueles que colaboraron na recollida de desperfectos tras a final.

A posibilidade de realizar este tipo de eventos axudan a facer da cidade un punto de referencia e gozo, explicaron.