Nova programación cultural no Campus de Lugo: música, cine, teatro danza e debates, entre febreiro e xuño

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

XMaseda abre a programación do Lubicán cun concerto o 10 de febreiro
XMaseda abre a programación do Lubicán cun concerto o 10 de febreiro Xaime Ramallal

O artista XMaseda65 abre o ciclo do Lubicán cun concerto o 10 de febreiro na Casa do Saber

28 ene 2026 . Actualizado a las 12:44 h.

O Campus Terra de Lugo fixo pública a súa nova programación cultural, con música, audiovisuais, exposicións, fotografía, teatro, danza, foros, formacións e certames entre febreiro e xuño.

MÚSICA

· Lubicán íntimo: XMaseda65. Martes 10 de febreiro, 20.30 horas. Casa do Saber

· Lubicán: Lina e Lola + Unto Vello. Mércores 25 de febreiro, ÁS 20.15 horas. Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria

· Lubicán íntimo: Zeltia Irevire. Martes 3 de marzo, 20.30 horas. Casa do Saber

· Lubicán: XianPais + Ulex. Xoves 12 de marzo, 20.15 horas. Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria.

· Lubicán: Kid Mount + ünder & Diego Flâneur. Xoves 9 de abril, 20.15 horas. Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria.

· Concerto de Primavera da Orquestra e Coro da USC. Sábado 11 de abril, 20.30 horas. Círculo das Artes.

· Lubicán íntimo: Sofía Espiñeira. Martes 14 de abril, 20.30 horas. Casa do Saber.

· Lubicán: O Xoán. Mércores 29 de abril, 20.30 horas. Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria.

· Músicas a carón da Mosqueira: Coral Lucus Terra IV Ciclo «Na memoria». Martes 5 de maio, 20.15 horas. Casa do Saber.

· Actividade complementaria Lubicán: Encontros coas músicas e músicos, especialmente para institutos, previa inscrición, na Casa do Saber:

Martes 10 de febreiro, 12.30 horas. XMaseda65

Mércores 25 de febreiro, 12.30 horas. Unto Vello

Martes 3 de marzo, 12.30 horas. Zeltia Acuña

Xoves 12 de marzo, 12.30 horas. Ulex

Xoves 9 de abril, 12.30 horas. Diego Flâneur

Mércores 29 de abril, 12.30 horas. O Xoán

AUDIOVISUAIS

· Sesións de Filmoteca do Club Valle-Inclán. Mércores de febreiro a xuño, 19.30 horas, Casa do Saber.

· Proxección 10 anos de curtas. Venres 10 de abril, 20.15 horas. Casa do Saber.

FOTOGRAFÍA

Presentación do calendario do XXXI Maratón Fotográfico da Universidade. Febreiro.

TEATRO

· XXXII Festival de Teatro Universitario. Do 18 ao 23 de abril.

· EscaparArte. Sábado 18 de abril.

· Estrea da Compañía de Teatro da USC-Lugo. «Do marabilloso mundo dos animais: os años». Domingo 19 de abril, 20.00 horas. Pazo de San Marcos.

· Estrea da Compañía Vaites Vaites IV Ciclo «A asemblea das mulleres». Xoves 23 de abril, 20.00 horas. Casa do Saber.

DANZA

XXIV Encontro de Danza da USC. 16 e 17 de abril, 20.00 horas. Auditorio Fuxan os Ventos.

FAÍSCAS CULTURAIS

· A sociedade nos anos 40: «O neno labrego». Facultade de Ciencias.

· A perda. Escola Universitaria de Enfermaría.

FOROS

· Encontros de Lúa Chea: «A administración Trump: unha nova orde mundial?». Xoves 26 de febreiro, 19.00 horas.Cafetería da EPSE.

· Encontros de Lúa Chea: «Medios de comunicación: información ou desinformación na era das fake news». Xoves 26 de marzo, 19.00 horas. Cafetería da EPSE.

· Microaberto. Envía a túa proposta entre o 2 e o 21 de marzo. Martes 24 de marzo, 20.00 horas. Cafetería da Facultade de ADE.

· Curso de Primavera. Abril.

CERTAMES E CONVOCATORIAS

· XI Findecurta. Inscrición do 6 ao 21 de abril. Celebración do 24 ao 28 de abril.

· Convocatoria de axudas ao desenvolvemento de actividades de dinamización físicodeportiva e cultural organizadas polo estudantado da USC. Aberta todo o ano.

· Convocatoria de axudas á creación e aos proxectos de agrupacións teatrais e de danza da USC. Aberta en febreiro.