O lema da cidade estará presente en todos os soportes do festival, tanto físicos como dixitais, para reforzar a imaxe de Lugo como destino turístico, cultural e patrimonial
22 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Lugo reforzará a presenza da campaña turística e de marca cidade «Lugo, parte do teu camiño» no Caudal Fest 2025, un dos principais eventos culturais e musicais a nivel autonómico. Este festival terá lugar os días 19 e 20 de setembro nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos.
O alcalde, Miguel Fernéndez, subliña que é «unha campaña única para reforzar a campaña Lugo, parte do teu camiño». O Caudal Fest é un dos festivais de referencia de Galicia, que trae cada a no a más de 30.000 persoas a Lugo, xereando un gran impacto a nivel económico e cultural. «Non podiamos deixar pasar a oportunidade de sumar a Lugo a esta festa da música e da creatividade, vinculando a nosa imaxe a un veento que xa é unha cita consolidada no calendario estatal», afirma.
A campaña municipal estará presente en todos os soportes do festival, tanto físicos como dixitais: desde os carteis oficiais ata as entradas, pasando polas redes sociais de dito evento, os vídeos promocionais... «O que buscamos é facer cidade tamén dende a cultura e o lecer, e facelo de forma intelixente, vinculando Lugo a un evento que atrae público de toda Galicia e de outras comunidades autónomas», subliñou Miguel Fernández. Este ten como obxectivo que todas as persoas que acudan ao Caudal Fest coneza o patrimonio, gastronomía, historia e a identidade que posee a cidade amurallada, «Lugo non é só un lugar no mapa, é unha experiencia completa», resalta o alcalde.
Unha acción que, según o rexedor, encaixa na estratexia global de promoción turística iniciada coa campaña «Lugo, parte do teu camiño», presentada en FITUR: «A nosa cidade é a única do mundo onde é Ano Santo todos os días, grazas á Indulxencia Plenaria da Catedral. Somos cidade Patrimonio, somos Reserva da Biosfera, e somos tamén gastronomía, cultura contemporánea e música. Queremos que todo iso forme parte da experiencia Caudal Fest», explicou.
O festival conta este ano cun cartel de luxo, con artistas como Love of Lesbian, Melendi, Carolina Durante, Zahara, Duncan Dhu ou Vega, entre outros. Ademais, incluirá propostas da escena alternativa galega como Músculo!, Kike Varela ou Lisdexia.«O Caudal Fest está apostando por un modelo de festival diverso, que combina grandes cabezas de cartel con artistas emerxentes. E iso encaixa coa nosa visión de cidade: unha Lugo aberta, plural, que aposta polo talento e pola cultura para todas as idades», sinalou Fernández. Tamén destacou o valor do festival como motor económico e turístico, xerando emprego, os hoteis da cidade ocupados ao cento por cento, dinamización da hostalería e «convertendo a Lugo nun polo de atracción cultural». Ademáis, con isto tamén se quere dar a coñcer a Lugo como un destino todo o ano, non só durante o festival.
Por último, o alcalde lembrou que a cidade seguirá traballando para asociar a súa imaxe aos grandes eventos. «Temos claro que o futuro de Lugo pasa por apostar pola cultura, polo turismo de calidade e polos eventos que nos poñen no mapa. Esta campaña é unha ferramenta importante para consolidar Lugo como cidade moderna, viva e acolledora. Porque, como di o lema, Lugo é parte do camiño de cada persoa que nos visita», conclúe Miguel.