A entrega de galardóns, que tivo como mantedora a Helena Villar Janeiro, celebrouse onte
04 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A escrita en galego ten relevo xeneracional. Así o amosan os gañadores da 53.ª edición dos Premios Literarios Minerva do Colexio M. Peleteiro, que onte leron fragmentos dos seus poemas e relatos ao recibir o galardón.
Na modalidade de narración gañou Lucía Domínguez Pereira (IES Xoán Montes de Lugo). Seguíronlle Marta Rodríguez Domínguez (IES Mendiño de Redondela) e Clara Lage (IES Valle Inclán de Pontevedra). Os accésit foron para Isabel Miragalla (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo), Carlota Ocáriz (Colexio M. Peleteiro) e Zaira Lima (IES A Sangriña de A Guarda). Pola súa banda, Antón Fernández Rodríguez (Colexio Calasanz de A Coruña) impúxose en poesía. O podio completárono Gabriela Fernández (IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense) e Minerva Cairo (Colexio Peleteiro). Os accésits foron para Román Rojo (IES Rafael Dieste de A Coruña); Enma Serrano (IES Eduardo Pondal de Santiago) e Jacobo Vázquez (IES Peleteiro). A todos eles lle agradeceu o director do centro, Luís Peleteiro, a súa participación no certame.
A mantedora do acto foi Helena Villar Janeiro, que animou aos mozos e mozos a alimentarse de literatura de calidade. Tamén interviñeron a concelleira de Educación e o secretario xeral de Lingua.