Catro estudantes da Escola de Idiomas de Lugo crean unha asociación para impulsar a cultura portuguesa

LUGO CIUDAD

O colectivo Terras Irmás, que xa ten actividades programadas, presentarase este xoves na EOI
19 feb 2025 . Actualizado a las 17:03 h.Catro estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Lugo decidiron impulsar un colectivo para todos aqueles que teñan interese na cultura e na lingua portuguesa. Con Terras Irmás pretenden ofrecer un espazo para dar a coñecer as tradicións do país veciño, mellorar a nosa conexión con el e tamén poñer en valor a nosa propia lingua e mellorar a situación que atravesa o noso idioma.
Trátase dunha asociación aberta, que estará presidida por Carmen Lomba, e que se dirixe ao ámbito galego. Poderán participar todos os interesados sen necesidade de estar matriculados na EOI de Lugo. Como primeira actividade xa teñen prevista unha viaxe para o día 28 a Monção.
Os que queiran darlle unha oportunidade a esta proposta poderán realizar unha visita a unha bodega e unha cata de viños nesta vila portuguesa situada no distrito de Viana do Castelo e que é coñecida pola súa cultura vinícola e as súas augas termais. «A idea é pasar alí o día. A excursión está aberta a todos os que se queiran animar», contan os impulsores.
Esta será o punto de partida das distintas actividades de tipo cultural que pretenden impulsar dende a agrupación. A presentación oficial do colectivo será este xoves na Escola Oficial de Idiomas de Lugo a partir das 20.00 horas. Nesa misma xornada, os os que así se desexen tamén se poderán inscribir e facerse socios.