Luar na Lubre elixe Lugo para iniciar a xira do 2025

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Luar na Lubre dará un concerto en Lugo en xaneiro
Luar na Lubre dará un concerto en Lugo en xaneiro ANTONIO VIZCAYA

O grupo de folk dará un concerto no Gustavo Freire o 10 de xaneiro

18 dic 2024 . Actualizado a las 13:11 h.

Venres 10 de xaneiro • Auditorio Municipal Gustavo Freire (Lugo) • 21.00 horas • Entradas desde 17 euros en entradas.ataquilla.com • 

Luar na Lubre elixe Lugo para iniciar a xira do 2025. O grupo, referente mundial da música folk, presenta o seu último traballo, Luar na Lubre XX. Encrucillada, que inclúe fotografías e textos de máis de sesenta personalidades da música, a literatura e o xornalismo cultural.

Para este disco, editado en formato libro-disco, contaron coas voces de Pablo Milanés, Sés, Rosa Cedrón e outros artistas. Trátase dun traballo con carácter recompilatorio, que inclúe cronoloxía fotográfica e literaria, historia e algúns temas icónicos reinterpretados con novas versións.

40 anos de historia

Esta xira preséntase como a antesala do seu 40 aniversario, que se celebrará ao longo do 2026. A banda está formada por Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña), Nuria Naya (violín), Patxi Bermúdez (bodhrán, tambor), Pedro Valero (guitarra acústica), Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos), Xan Cerqueiro (frautas), Brais Maceiras (acordeón) e Cristina López (cantante).