As mil entregas do Suplemento Líder, a mellor homenaxe ao deporte base de Lugo

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Javier Ferreiro e Rebeca Fernández, responsables de Líder e promotores da exposición, xunto con Efrén Vázquez, deputado provincial (á dereita)
Javier Ferreiro e Rebeca Fernández, responsables de Líder e promotores da exposición, xunto con Efrén Vázquez, deputado provincial (á dereita) Óscar Cela

A revista leva eloxios e agarimos por parte dos seus centos de protagonistas nestes anos

09 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Case vinte anos despois da súa primeira entrega, o Suplemento Líder fixo historia ao chegar á súa portada número mil. O suplemento deportivo é xa un referente do deporte base galego, e pode presumir de ser un proxecto único, creado desde a humildade e o traballo hai xa 19 anos e que contribuíu a crear recordos inesquecibles nas mentes de tantos e tantos rapaces que soñaban con verse nas portadas coma os seus ídolos.

Líder estreou hai uns días unha exposición no Pazo de San Marcos, onde se poden ver varias das súas portadas históricas. Imprimido semanalmente por La Voz de Galicia desde o ano 2005, o proxecto impulsado por Javier Ferreiro e Rebeca Fernández presume na rúa da «Xeración Líder», unha mostra na que se verán representados moitos lucenses que foron aparecendo na revista durante estas dúas décadas. A mostra estará fronte á sede da Deputación de Lugo durante as próximas semanas. Logo, empezará unha viaxe que a levará a localidades como Viveiro, Burela, Sarria, Vilalba e Monforte.

O número 1

A primeira portada estivo protagonizada por Pablo Álvarez, actualmente segundo adestrador do Rácing de Santander. O lucense recorda esa etapa como unha das máis especiais da súa carreira. «Desde el primer día me pareció una grandísima idea. Había un gran vacío en el deporte base por aquel entonces. No había manera de saber qué pasaba en otros campos, cómo eran el resto de equipos o ver imágenes de otras competiciones y categorías. Líder fue una revolución que ha terminado siendo un absoluto referente», recorda Álvarez. Igual que moitos outros que ocuparon o seu lugar na portada do suplemento tras el, o adestrador afirma que «el mayor éxito de Líder fue darle esa ilusión a los niños de verse en una portada o de verse en las fotos con sus compañeros de equipo».

Álvarez fai fincapé, ademais, en que o suplemento da Voz de Galicia supuxo un cambio moi grande na transmisión e popularidade do deporte de base en Lugo nun tempo no que non existían os teléfonos intelixentes e as webs especializadas aínda eran embrións do que foron uns anos despois. «Creó una especie de red de conexión del fútbol base de la provincia. Recuerdo que nos parecía alucinante poder ver los resultados de los partidos de la costa o de sitios que nos quedaban muy lejos», di. Finalmente, o adestrador quere recoñecerlle á revista que «contribuyó a premiar la labor de entrenadores, directivos y demás personas que entregaron muchísimas horas de sus vidas a formar a chavales por amor al arte».

Pablo Álvarez foi a primeira portada do Suplemento Líder. Tras el, viñeron 999 máis. «Estoy convencido de que le irá muy bien y que Lugo podrá seguir disfrutando de un proyecto único», asegura.

Para moitos lucenses, falar da Revista Líder é falar dalgúns dos mellores momentos da súa infancia. Verse reflexado nas portadas —ou nas páxinas interiores— do suplemento publicado por La Voz de Galicia só podía significar unha cousa: ilusión.

Esta é a palabra á que recorren todas as persoas que rememora o seu paso pola revista, xa sexa como protagonistas das súas páxinas ou como pais, adestradores e amigos dos rapaces que ilustraban a revista.

Dani Vidal, na exposición de Líder xunto ao Pazo de San Marcos
Dani Vidal, na exposición de Líder xunto ao Pazo de San Marcos LAURA LEIRAS

Un dos futbolistas que máis papel ocupou en Líder é Dani Vidal. O xogador do Club Deportivo Lugo, que agora ten 24 anos, pasou toda a súa carreira en categorías inferiores do equipo albivermello. Por iso coñece de primeira man o que é erguerse o luns e buscarse nas páxinas da revista. «Para mí fue un orgullo salir ahí. Verte en las fotos con tus amigos es una pasada cuando eres un chaval. Era lo primero que hacíamos los lunes», recorda. Vidal chegou a gañar o Balón de Ouro nunha das galas de fin de tempada de Líder, algo que garda coma un tesouro. «Fue uno de los días más especiales de mi vida», di.

Diego Villares recibiu o Balón de Ouro de Líder no ano 2015, cando militaba no Rácing Vilalbés
Diego Villares recibiu o Balón de Ouro de Líder no ano 2015, cando militaba no Rácing Vilalbés SUPLEMENTO LÍDER

Outro dos futbolistas que recibiron esta honra e que remataron como profesionais é Diego Villares. O actual centrocampista do Deportivo obtivo este galardón no ano 2015. Curiosamente, o seu adestrador era Óscar Gilsanz, igual que agora no conxunto herculino. «Verse alí era o maior ilusión que podíamos ter», recorda o xogador de Samarugo. «Foi un proxecto que se vía que ía saír ben, porque era moi necesario. Alégrame moito ver como sigue sendo un referente e ilusionando aos pequenos da provincia de Lugo», di o futbolista vilalbés.

Eloxios para o proxecto

Non só os rapaces disfrutaron de Líder. Adestradores e directivos dos clubes viviron os inicios da revista como un avance que revolucionou o deporte base. «Era un espacio que no existía. Además de darle esa ilusión a los chavales, nos servía a nosotros para ver qué pasaba en otros clubes para informarnos del deporte base de otras localidades», recorda José Manuel ‘Madriles’, presidente da SDC Milagrosa. A mesma opinión expresa Rubén Engroba, presidente do clube de baloncesto do Sagrado Corazón. «Es una labor informativa extraordinaria. Que incluyesen al baloncesto supuso un antes y un después para nosotros», di.