O Festival de Jazz de Lugo: 23 concertos con artistas de seis países repartidos en tres escenarios
LUGO CIUDAD
A cita musical, presentada este mércores, prolongarase do 1 ao 17 de novembro e contará con bandas chegadas de distintas partes do mundo
23 oct 2024 . Actualizado a las 18:33 h.O Festival de Jazz de Lugo acada este ano a súa trixésimo cuarta edición e faino cun programa que se distribuirá do 1 ao 17 de novembro ao amparo dun cartel no que destacan propostas galegas que compartirán espazo con formacións de Estados Unidos, México, italia, Líbano, Corea e o resto de España. Tamén haberá espazo para propostas femininas.
O Círculo das Artes, a Casa do Saber e o club Clavicémbalo serán os escenarios sobre os que pivotará o festival, organizado por Escobijazz coa colaboración da Xunta, do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación. Representantes de ditas entidades participaron este mércores na presentación do evento.
Nesta edición do festival lucense as propostas galegas chegarán da man de Ejazz; o Drumless Trío, integrado por Abe Rábade, Marcos Pin e Alfonso Morán; Martín Otero a dúo coa coreana Ju Young; Inés Carreño, e o Daydream Sessions, unha iniciativa artística colaborativa que promove a participación espontánea. Tamén estarán Kiki Cortiñas, que actuará na casa; a Savoy Club Big Band, Charo Quicler Octeto co espectáculo The Magic Line, Pablo Sax Cuarteto, e o Terra Nova Brass Ensemble.
Das Islas Canarias chegará Tana Santana Quinteto mesturando flamenco e jazz; Iván Rojas, que fará dúas sesións o venres 8 e o sábado 9 coa súa formación New Quartet, e o cuarteto liderado polo contrabaixista Martín Leiton. Dende Cataluña chegará Èlia Bastida Trío e dende Valencia o quinteto que lidera o trompetista Pepe Zaragoza.
En canto ás propostas internacionais, sete das bandas que participarán proveñen de Estados Unidos: a da saxofonisa, cantante e compositora Lakecia Benjamin Quartet; o grupo de jazz fusión Bill Evans & The Vans Band All Stars; Soul Chemistry, cos saxos de Vicent Herring e Erena Terakubo; Maria Schneider liderando a Clasijazz Big Band; Federale;Jeremy Pelt Quintet; e a voz de Kenny Washington acompañado dos cataláns Ignasi Terraza Trío.
Tamén están programadas as actuacións do mexicano Hugo Fernández á fronte de Crossing Quartet, do libanés Tarek Yamani e dos italianos Giacomo Tagliava e ugo Alunni.
Círculo das Artes
07 nov. 20:30 h Lakecia Benjamin Quartet
08 nov. 20:30 h Bill Evans & The Vans Band All Stars
feat. Gary Husband, Felix Pastorius & Keith Carlock
09 nov. 20:30 h Kiki Cortiñas “Mi sentir”
13 nov. 20:30 h Soul Chemistry feat. Vincent Herring & Erena Terakubo
14 nov. 20:30 h Maria Schneider & Clasijazz Big Band
15 nov. 20:30 h Tana Santana Quinteto
16 nov. 20:30 h Kenny Washington & Ignasi Terraza Trío
17 nov. 19:30 h Savoy Club Big Band
Club Clavicémbalo
01 nov 22:30 h Ejazz / Charo Quicler
02 nov 22:30 h Federale (USA) en colaboración con Facela Fest
07 nov 22:30 h Pablo Sax Cuarteto
08 nov 22:30 h Pepe Zaragoza Quintet / Iván Rojas New Quartet
09 nov 22:30 h Crossing Quartet / Iván Rojas New Quartet
12 nov 22:30 h Terranova Brass Ensemble
13 nov 22:30 h Jeremy Pelt Quintet
14 nov 22:30 h Drumless Trío (Abe Rábade, Marcos Pin & Alfonso Morán)
15 nov 22:30 h Jo Young & Martín Otero / Martín Leitón Cuarteto
16 nov 22:30 h Inés Carreño / DayDream Sessions
Casa do Saber (USC)
12 nov. 20:30 h Élia Bastida Trío (Entrada de balde)