A programación familiar, enfocada sobre todo nos máis pequenos, comezará o 5 de outubro
19 sep 2024 . Actualizado a las 18:55 h.A dúas semanas de que arranque o San Froilán, a concelleira de Cultura Maite Ferreiro deu a coñecer a programación do San Froilán Miúdo, ideada para todos os públicos, pero que pon o ollo especialmente nos máis pequenos.
Desta volta serán 15 actividades que incluirán espectáculos itinerantes, xornadas de xogos interactivos e actuacións no recinto do aparcadoiro do Seminario na Avenida Anxo López Pérez. «A programación infantil é un dos piares do San Froilán, este ano cunha oferta variada para toda a familia chegada de todos os puntos do estado, xunto con propostas internacionais de gran calidade», subliñou Fereriro.
Programación San Froilán Miúdo 2024
- 5 de outubro. Itinerante. Acorcircus de Fundación Tchyminigagua (Colombia). Sinopse: Espectáculo de circo e acrobacias para toda a famlia.
- 5 de outubro. Carpa do San Froilán Miúdo. Circus feria de Bambolea (Madrid). Sinopse: Unha feira para gozar famlia, xogos, risas e premios para todas e todos.
- 5 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Incredible Box de Cia La Tal. (Catalunya). Sinopse: Cando se estreou fai máis de 150 anos, The incredible box foi un éxito. Hoxe o director e dous excéntricos axudantes intentan manter a grandeza do show. Pero a xenialidade non se herda, ainda que quizáis, ao final, de tanto intentar ser magníficos pode que o consigan.
- 6 de outubro. Carpa do San Froilán Miúdo. Larun de Jokai (Euskadi). Sinopse: xogos inclusivos, autónomos, creativo e cooperativo promovendo as relacións interxeracionais e baseándose na mitología do País Vasco.
- 6 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Tavole de Zirko Txosco (Euskadi/Galiza). Sinopse: Un espectáculo de circo que xira en torno a dúas personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas.
- 7 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Rogelio III La Fête de Assircópatas (Galicia). Sinopse: Un espectáculo de circo que fala sonbre a importancia de coidar ás amizades. Un alegato contra o absurdo das guerras. Unha reflexión sobre a paciencia.
- 8 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Lullaby de Proyecto Kavauri (Andalucia). Sinopse: Un dúo de acróbatas e pais primerizos presentan un show de báscula e portes acrobáticos con saltos frenéticos e moita conciliación.
- 9 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Coa música a outra parte de Trécola producións (Galicia). Sinopse: Unha farsa de títeres a catro mans, 14 personaxes e unha banda sonora en directo, unha obra de guiñol viva e natural.
- 10 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Malabarian on the rox de Roxi Katcheroff (Arxentina). Sinopse: Malabarian, reputado e elegante malabarista, vese nun apuro antes de comezar o show no que terá que intervir unha inesperada axudante coa que lle acontecen todo tipo de situacións. Ao final, conseguen sair airosos. Espectáculo cómico de malabares clásicos, e moito, moito humor.
- 11 de outubro. Itinerante. The Yetis de Campi qui pugui (Catalunya). Sinopse: Tres Yetis buscando un fogar polas rúas de Lugo. Un espectáculo que fala da sostenibilidade e da importancia do coidado da nosa contorna ao tempo que nos diverte.
- 11 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Mute de Oran Bi (Euskadi). Sinopse: Un hilarante espectáculo no que a través da disciplina artistica da percha acrobática o público disfrutará coas formas imposibles das súas piruetas cun sorriso permanente na cara. Premio ao mellor espectáculo do País Vasco na Umore azoka en Leioa no 2022.
- 12 de outubro. Itinerante. Rag & Bone de Xip Xap teatre (Catalunya). Sinopse: Un trapeiro e o seu axudadante percorren a cidade co seu camión. Espectáculo itinerante de títeres, risas e falcatruadas.
- 12 de outubro. Itinerante. Go go street de Mimo´s dixie band (Portugal). Sinopse: Espectáculo itinerante cun sonido dixieland que convertirá a cidade nunha pequena New Orleáns con moito humor, circo e interacción co público.
- 12 de outubro. Carpa do San Froilán Miúdo. Juega a lo grande (Asturias). Sinopse: Xogos artesanais de madeira, apunta, dispara, constrúe, golpea, lanza, acerta, un divertimento para toda a familia.
- 12 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. III Festival de Cultura Tradicional do San Froilán miúdo. Sinopse: Mostra de baile e canto tradicional para toda a familia.