Sete artistas emerxentes de Galicia que reinterpretan a sete creadoras con obras do Museo Provincial de Lugo

Suso Varela Pérez
s.v. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

As sete creadoras visitaron o Museo Provincial acompañadas da deputada de Cultura e da xerente da Rede Museística
As sete creadoras visitaron o Museo Provincial acompañadas da deputada de Cultura e da xerente da Rede Museística CEDIDA

As visións femininas da arte galega que se amosarán a través da mirada das novas xeracións

05 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Artistas galegas emerxentes reinterpretarán obras de artistas expostas no Museo Provincial de Lugo. O proxecto «As 7 e 7» aposta por visibilizar a creatividade feminina ao longo do tempo e ensinar a mirar a arte contemporánea. Participan sete artistas galegas emerxentes de diferentes disciplinas que interpretarán obras doutras tantas artistas expostas no Museo.

Trátase de Andrea Otero, Noa Costas Martín, Christina Chiarroni, Carmen Quintáns, Sabela Eiriz, Greta Debelius e as irmáns Noa e Lara Castro Lema, que desenvolverán o seu exercicio creativo a partir de obras de Maruja Mallo, Xulia Minguillón, Mónica Alonso, María Luísa Pérez Herrero, María del Carmen Corredoira, Violeta Bernardo e María del Carmen Álvarez de Sotomayor y Castro.

As artistas xa visitaron Museo Provincial de Lugo para profundizar no contexto en que se expoñen as obras que inspirarán as súas novas creacións. O resultado poderá verse a partir do 29 de febreiro nunha mostra colectiva que visibilizará as obras de artistas consagradas xunto a outras que comezan a súa andaina no mundo artístico, poñendo en valor o traballo das mulleres creadoras.

Educar na arte

O proxecto pretende incidir tamén na educación na arte, convertendo o proceso creativo nunha oportunidade para achegar a cidadanía á arte contemporánea. Nese senso, o comisario da mostra, Sergio Mare, apuntou que «moita xente rexeita os espazos museísticos porque di non ‘entender’ a arte, por iso un dos principios fundamentais deste proxecto é desenvolver un traballo educativo. Amosar a historia da arte pasada e actual, e ensinar a mirar a arte das creadoras contemporáneas».

A vertente educativa e divulgativa do proxecto artístico ampliarase con actividades como os obradoiros «Vendo como ver» ou «Vexo, vexo que ves» sobre a linguaxe e as técnicas da arte contemporánea, visitas guiadas e mesa redonda coas artistas «As Mulleres na Arte: retos e dificultades», que estará moderada por Mónica Alonso.

Pequenas biografías

Os museos provinciais albergaron obras e proxectos de 50 mulleres, 39 delas, artistas plásticas, con que con esta mostra se pretende dar un pulo á visibilización das creadoras lucenses. No programa van a participar sete artistas:

Andrea Otero (Os Prados, 1996), «romantika feminista / pesimista / artista-plástico-altruísta».

Christina Chiarroni (A Coruña, 1993). Artista visual, directora de arte e xestora cultural graduada e Belas Artes pola Universidade de Vigo. A súa produción artística mestura diferentes disciplinas.

Greta Debelius (Vigo, 1990). É ilustradora e tatuadora.

Noa e Lara Castro Lema (A Coruña, 1998). Remataron a licenciatura en Belas Artes pola Universidade de Vigo (ES), e un máster en Produción e Investigación en Arte na Universidade de Granada (ES), e actualmente reciben unha bolsa da Fundación María José Jove para estudar Belas Artes na FHNW de Basilea (CH).

Sabela Eiriz (Lugo, 1991). É unha artista multidisciplinar, cuxos medios principais son a fotografía, o vídeo e o texto. A través dunha aproximación conceptual, busca implicar ao espectador aplicando unha linguaxe poética e metafórica.

Carmen Quintáns (Oleiros, 1994). Graduada en Belas Artes (en Vigo) e artista multidisciplinar e deseñadora. En 2019 recibe o primer premio de la II Edición Premio Talento Artístico Ahorro Corporación Financiera en Madrid.

Noa Costas (Nigrán, 1999). Tomou a decisión de estudar Belas Artes e agora enfróntase ás consecuencias.