O Vello Cárcere acolleu varias actividades relacionadas coa literatura
03 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Xornada lectora a que se viviu este sábado no Vello Cárcere, con actividades para todas as idades. Por unha banda, tivo lugar a reunión que cada tres semanas realiza o club Ratiños de Biblioteca, para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Nel traballaron e debateron sobre o libro «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas.
Ademais, tamén houbo un encontro e recital do Club de Lectura Lugo, da man de Alba Díaz e Lois Pérez, para falar das fotografías e poemas do libro «Philadelphia Lugo». Neste caso, o club reúnese unha vez ao mes para comentar lecturas que escollen de forma conxunta. Non están vencellados a ningunha libraría nin biblioteca, polo que as reunións teñen lugar en diferentes espazos da cidade. Quen estea interesado, pode inscribirse en clubdelecturalugo@gmail.com.
A maiores, no Vello Cárcere tamén tivo lugar, como todos os sábados, domingos e festivos, o Espazo de Lecer, para cativos de 3 a 8 anos, onde realizan actividades lúdicas e didácticas sobre valores, historia, reciclaxe...